Mario
Franco Rodríguez

Nado en Santiago de Compostela en 1934. Estudou bacharelato no instituto Arcebispo Xermírez ata o sexto ano. O sétimo fíxoo na Academia Minerva, hoxe Colexio Peleteiro, e acadou o título de Bacharel na primeira promoción que fixo o colexio en 1951. É, polo tanto, un dos máis antigos alumnos desta institución.

Comezou a escribir en 2004, xa xubilado, e publicou a súa primeira obra, Terranova–Memorias dun Mariñeiro, baseada na súa experiencia na pesca do bacallau alá polos anos 50. Foi publicado no mesmo 2004 pola editorial Toxosoutos.

En 2007 presetou ao VI Certame Avilés de Taramancos A derradeira campaña do capitán Samuel, tamén baseada no tema mariñeiro, acadando este premio. Publicado por Toxosoutos.

En 2008 volveuse presentar ao citado certame con A capela maldita, baseado nas crenzas populares da nosa terra, resultando gañador tamén da VII edición. Publicado por Toxosoutos.

Seguiu escribindo e agora ten en prensa unha das súas obra máis longas e completas, A liberdade perigosa, que se basea nas esperiencias do autor en Venezuela, a onde emigrou en 1959.

Escribiu outras oito obras entre relatos curtos e contos que espera publicar no futuro, todas elas referidas a Galicia e as súas xentes, con experiencias propias, crenzas populares e situacións que se daban con frecuencia no século pasado.

[Outubro, 2011]