María Rosario
Regueira Cereijo

Nada nunha aldea do Concello de Taboada no 1959, o nacionalismo e o feminismo son os eixos que guiaron a miña actividade, que, xunto coa defensa da terra e das súas xentes, do idioma e da cultura, determinaron a miña incorporación á escrita con cinco libros publicados a data de hoxe:

- Sabela (Chiado Editorial) 2015
Historia dunha saga de cinco xeracións de mulleres dunha mesma familia que transcorre dende o 11 de febreiro de 1879, data de nacemento de Sabela Varela Castro até o 11 de febreiro de 1979 data de nacemento da segunda Sabela Varela Castro.

- Esbozos do Deporte Galego. Unha aproximación ao atletismo (Sportis Formación Deportiva) 2016
Aproximación ó deporte na Galiza, especialmente ó atletismo Libro prologado por Isidoro Hornillos Vaz.

- Cando pasou o que pasou (Editorial Toxosoutos) 2017
Novela histórica que recolle, nunha historia familiar próxima á autora, oitenta anos de agonía, de silencio e de carraxe consecuencia da represión brutal que afectou a persoas con nomes e apelidos e ó seu entorno

- Compañeira, non serva (Editorial Toxosoutos) 2019
Reflicte as distintas maneiras que o patriarcado utiliza para someter, oprimir e maltratar a unha muller mesmo dentro do fogar propio. Pero tamén sinala maneiras de escapulir, de chegar a ser Compañeiras en pé de igualdade, non Servas sometidas e abusadas. Claro que as maneiras non sempre son ortodoxas!

- A viaxe das anduriñas (Editorial Toxosoutos) 2021
Novela sobre migración. Dende o punto de vista dunha emigrante galega á Suiza na década dos anos 70/80 do pasado século (Mariloli) e dunha inmigrante colombiana a España (Adamarli) a primeiros do século actual.

[Xuño, 2022]