María
López Sández

Lugo, 1973. Licenciada en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.

Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia.

II Premio Nacional de Terminación de Estudos Universitarios de Filoloxía.

Doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego (Cantares gallegos, Arredor de si e o ciclo textual de Tagen Ata).

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007 pola obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio. Premio Repsol de Narrativa Breve Repsol 2012 por A forma das nubes, publicada por Galaxia en 2012. Finalista do premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia por O faro escuro, publicado por Galaxia en 2015.

Exerce a docencia en Ensino Secundario e é Profesora Asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Foi membro de diversos proxectos de investigación centrados en cartografías literarias, poesía non lírica e a prosa de Rosalía de Castro. O seu traballo investigador centrouse nos espazos literarios, a dimensión ideolóxica da cartografía e o uso da descrición topográfica para a conformación de imaxinarios territoriais.

[Abril, 2016]