María
Liñeira

Licencieime en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (1997-2002), onde tamén obtiven o Diploma de Estudos Avanzados (2002-4) cun traballo sobre o escritor Alvaro Cunqueiro na revista catalá Destino. Parte desta investigación foi publicada como artigo no Anuario de Estudos Galegos (2004), e no ano próximo verá a luz en formato libro. Unha panorámica sobre a cultura galega na antedita revista foi presentada no Congreso Anual da Asociación de Hispanistas do Reino Unido e Irlanda (Liverpool, 2006).

Alén do meu profundo interese por Cunqueiro, sobre o que estou a realizar a tese de doutoramento, sigo moi de perto a narrativa galega contemporánea. Colaboro habitualmente nas páxinas de literatura do portal dixital culturagalega. org, Grial e ProTexta. Colabores en obras de carácter xeral coma o Tomo IV do Diccionario de Literatura Galega (Galaxia, 2004), o "Compendio Bibliográfico Anual" do Anuario de Estudos Literarios Galegos (2000-1), e a sección de "Galician Studies: Literature" da publicación inglesa Year's Work in Modern Languages Studies (Maney/MHRA, 67, 2005).

Dende outubro do 2004 son Profesora-Bolseira de Lingua e Culturas Galegas (Xunta de Galicia) en The Queen's College (University of Oxford), baixo a dirección do Dr. John Rutherford. Neste centro exerzo labores docentes e co-organizo, entre outros eventos, o Forum for Iberian Studies, que se celebra anualmente. Nas edicións X (2005) e XI (2006) estiven ademais encargada de presidir as mesas de temas galego.

[2007]