María Carmen
Martínez Purriños

A Coruña, 1978. Estudou na Facultade de Ciencias da Educación da súa cidade natal. Exerceu como mestra de Educación Infantil e Primaria en diversos colexios públicos dende o ano 2002 e actualmente continúa traballando como mestra nun centro educativo da cidade da Coruña.
Escribiu e publicou o libro A rosa dos ventos no ano 2019, no que podemos atopar unha colección de poemas adicados a describir paisaxes, sentires, emocións..., algúns cunha temática máis intimista e outros máis social pero todos eles tratando de expresar sentimentos e realidades en linguaxe poética que pretenden chegar ó corazón e á alma de todas as xentes que algún día os poidan ler.
En 2020 publicou o seu novo poemario, Axóuxere de maio, no que trata de espertar sentimentos e sensacións, evocando imaxes e querendo transmitir mensaxes en linguaxe máxica, con verbas sinxelas e sentimentos profundos, con musicalidade e emoción.
Namorada da cultura galega, das nosas tradicións e o noso idioma. Entre as súas afeccións podemos destacar ademais da literatura e a poesía tamén a música galega, coñecendo as maneiras de tocar algún dos instrumentos máis típicos da nosa cultura.
Sempre querendo compartir a súa escrita, pódese visitar o sitio web http://arosadosventos.simplesite.com, onde podemos atopar comentarios e facer reflexións.

[Setembro, 2020]

WEBS SOBRE A AUTORA