
Escritora, xornalista e comunicadora. Freelance.
Forma parte da directiva de Xornalistas Galegas, colectivo de profesionais das ciencias da comunicación na defensa dun xornalismo con perspectiva interseccional. Master en estudos de xénero e xestión de políticas de igualdade, posgrao en dirección de comunicación. En alianza co Colexio de Xornalistas é formadora contra a desinformación e no axeitado tratamento mediático da violencia de xénero. Traballa en desenvolvemento e coordinación de proxectos, programación, moderación de eventos e planificación de difusión. Aborda novas formas de comunicación para a integración social. Divulga sobre análise crítica do discurso contemporáneo. Integra comisións como consultora en comunicación e en xénero. É poñente en encontros. Durante unha década formou parte do extinto Galicia Hoxe. Despois pasou a colaborar en Público ou eldiario.es.
É autora de obras como Sarela, novela híbrida, gañadora do premio Selic, ou dos poemarios Arder ou Cara de velocidade, gañador do premio internacional de poesía para nenos e nenas Cidade de Orihuela. Recitou en eventos como Poetas Di(n)versos, Festival internacional de Poesía do Porto, Festival Alguén que respira, Festival de Poesía do Condado ou a Feira do Libro de Madrid.
[Marzo de 2026]
