Manuel
Pereira Valcárcel

Manuel Pereira Valcárcel naceu en Ouzande (A Estrada) o 9 de decembro de 1955. Reside en Madrid, onde traballa de mestre.

Participou nos libros colectivos Intifada (Fundación Araguaney, Santiago, 1989), Homenaxe a Miguel González Garcés (Deputación da Coruña, 1991), Comercial (Río Xuvia Edicións, Neda-A Coruña, 1998), Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (vtp, Madrid, 2000), 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, Vigo, 2001), O trazo aberto (Deputación de Pontevedra, 2002), Narrativa Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005), Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes Montes (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005) e Pontevedra Literaria (Concello de Pontevedra, 2007).

Figura entre os autores seleccionados na antoloxía 25 anos de poesía galega 1975-2000, de Luciano Rodríguez (La Voz de Galicia, A Coruña, 2002).

Coordinou, xunto con Vicente Araguas, a edición de En tránsito. Antoloxía de poesía galega en Madrid (Ediciós do Castro, O Castro-Sada, 2001).

Colaborou en distintos medios de prensa escrita, Encrucillada, Luzes de Galiza, Contrarretranca, A freita, Tabeirós Terra, O Correo Galego, Madrygal, Serta, Carreiros, Salamandria etc. Nas convocatorias dos anos 1999 e 2000 obtivo mencións de honor no concurso xornalístico Manuel Reimóndez Portela.

En narrativa, gañou a novena edición (1992) do premio de relatos Casa de Galicia en León por Día de inverno; e en 1999 concedéronlle un accésit no concurso Modesto R. Figueiredo pola narración Sobremesa.

No ano 2014 coordinou con Sargar Palanques e José María Gago o libro: El Colegio de Huérfanos del Magisterio “Ntra. Sra. del Pilar”: una memoria.

De xeito individual publicou catro libros de poesía, Poemas de cinza (Edición do autor, Madrid, 1990), Todo morte (Edicións Río Xuvia, Neda-A Coruña, 1998), Rosa íntima (Espiral Maior, A Coruña, 2000), Inventario de fragmentos (Libros da Frouma-Librería Follas Novas, Santiago de Compostela, 2001) co que conseguíu o premio Rosalía de Castro, na modalidade de galego, da Casa de Galicia en Córdoba, e Libro das viaxes (Editorial Litoral das Rías, Pontevedra, 2003).

[Novembro, 2003]