Manuel
Esteban

Vigo, 1971. Médico especialista en medicina familiar e comunitaria. Exerceu durante once anos nos servizos públicos de saúde de Asturias, Canarias e Galicia. Actualmente é profesor de ensino secundario na especialidade de procesos diagnósticos da rama sanitaria de Formación Profesional, e traballa no CIFP Manuel Antonio. Foi vicepresidente de Down Vigo durante oito anos, de 2008 a 2016.

É autor de A ira dos mansos, novela gañadora do Premio Xerais de narrativa de 2016, de O meu nome é Ninguén e de A vinganza dos homes bos, protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso.

No ano 2023 publicou o libro xuvenil Setestrelo, na colección Fóra de xogo, de Xerais. Ese mesmo ano gañou o premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira co libro O xogo de Escher, unha distopía de ciencia ficción publicada por Xerais en 2024. No 2025 publicou outro libro de ciencia ficción: Trickstar, postais desde as estrelas, coa editorial Boadicea.

En setembro dese mesmo ano publicou A lei do mar, de novo con Xerais.

[Decembro, 2025]