Maite Mosconi (Galicia, 1985) empezou a súa andaina como escritora no ano 2018 con Gaedheal, Libro 1 de las invasiones (autopublicación), o primeiro dunha saga de fantasía sobre a cultura e a mitoloxía celtas.
En decembro dese mesmo ano lanza Sangre y ceniza, tamén o primeiro dunha serie de relatos que afonda na temática deste libro.
En xaneiro de 2020, e con Míriam Beizana, publicou Guerreiras de lenda, unha obra para nenos/as baseada nas lendas populares galegas, baixo o selo de Editorial Vanir.
A finais dese mesmo ano (2020), e con esta editorial, da un salto ao xénero romántico con Tatuado en la piel.
De regreso á fantasía e mentres esperamos a continuación de Gaedheal, a autora prosegue construíndo este marabilloso mundo celta coa publicación do seu segundo libro de relatos, Sangre y memoria, e coa publicación dun poema na revista N.13 de Contos Estraños chamado O Enterrador.
Tamén foi xurado, durante varias edicións, no Concurso de contos en galego do CURTAS Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, e recentemente acaba de lanzar unha nova novela en dous volumes, de distopía xuvenil, chamada Helheim (xuño 2023), en galego e castelán, coa Editorial Vanir.
[Outubro de 2023]