M. A.
Martínez Quintanar

Miguel Ángel Martínez Quintanar (Santiago de Compostela, 1968) realizou estudos de Filosofía (licenciándose en 1991 e doutorándose en 2007) na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1997 é profesor de ensino secundario e catedrático de ensino secundario desde 2022.

Na actualidade tamén é profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela e membro do Comité de Ética Asistencial do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Colabora con artigos de temática filosófica en diversas publicacións.

[Setembro, 2022]