Ponferrada, 1956. Considérase de Ourense, cidade á que leva vencellado toda a vida. A plástica, o deseño, a música e a escritura constitúen os eixos da súa biografía. Unida a esta inquedanza artística, amosa unha costante preocupación pola identidade galega, o que o levou a implicarse en diferentes proxectos políticos. Ademais, desenvolveu os máis variados oficios, traballos e estudos en Ourense, EUA, Bacrelona e Madrid. Na actualidade dedícase ao estudo da filosofía e a escribir.