Luís
López Alonso

Nado en Sarria, 1977. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e Mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo.

Colaborador en revistas (v. g. Revista dos tr3sreinos, O pazo das musas, Xistral, Grial) e intervencións poéticas. É o creador e guionista das dúas tempadas da serie televisiva de animación Cocorico, baseada no libro infantil homónimo de Marisa Núñez e Helga Bansch e co-producida por OQO Filmes e mais a RTVG.

  • 1° premio modalidade poesía do Premio 2019 de poesía, relato e tradución da Universidade de Vigo (Vigo, 2019)
  • 1° premio XXIII Certame Literario Minerva (Santiago de Compostela, 1996)
  • 2° premio ex aequo XXII Certame Literario Minerva (Santiago de Compostela, 1995)
  • 2° premio Certame Literario Maria Soliño (Cangas do Morrazo, 1995)

No ámbito universitario, o seu traballo céntrase na investigación sociolingüística e na poesía, onde leva publicados varios artigos e obras.

Obras individuais:

  • Salífero (Urutau, 2020) ISBN: 978-65-87076-56-0

Algunhas obras do ámbito crítico e académico:

  • "Nomes e homes nun feixe de beleza" en Figuras masculinas de meio-corpo de Antom Fortes (Chan da pólvora, 2020, 49-51). ISBN: 978-84-121018-7-4

  • O neofalantismo no ensino secundario: un espazo sen lexitimar (Revista Galega de Filoloxía, 2020, 21, 35-70) DOI: 10.17979/rgf.2020.21.0.7341

Obras colectivas:

  • A lingua no 2050 (Catro Ventos, 2021). Fernando Ramallo (coord.), VVAA. ISBN: 978-84-122499-8-9
  • Aquela nena de Sarria (Colectivo Egeria, 2021). Antonio Giz e Xulio Xiz, VVAA. Depósito Legal: LU-34-2021
  • En galego 24/7. Da minoración ao neofalantismo (ANL UVigo, 2021). Fernando Ramallo, Estefanía Mosquera Castro, Martín Vázquez Fernández, Luís López Alonso. ISBN: 978-84-123028-4-4
  • Premio 2019 de poesía, relato e tradución da Universidade de Vigo (UVigo e Xerais, 2019). VVAA. ISBN: 978-84-9121-586-8
  • Espidos os teus ollos (Colexio M. Peleteiro – Revista Vamos, 1996). VVAA. Depósito Legal: C-215-1996
  • 1984-1994 Certame poético MARÍA SOLIÑO (I.B. María Soliño - Cangas, 1995). VVAA. ISBN: 84-600-9202-X
  • Quen levou esta noite a metade da lúa? (Colexio M. Peleteiro – Revista Vamos, 1995). VVAA. Depósito Legal: C-267-1995

Algunha publicación en revistas:

  • "4 poemas de Salífero" (en revista Tr3sreinos). https://tr3sreinos.com
  • "Fustas do tempo" en Revista Grial nº 196 (Galaxia, 2012, Tomo L). ISBN: 978-84-121018-7-4

[Novembro, 2021]