Luís Álvarez Pousa, nado en Viladerrei, Ourense exerce como profesor titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. É licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago.
Traballa tamén como colaborador en varias revistas especializadas sobre temas como a comunicación, a cultura e o xornalismo. Alén disto, ofreceu palestras sobre estas materias tanto dentro como fóra da Galiza.
Tamén colaborou durante 23 anos como xornalista en
Entre as súas obras principais destacan Prensa Ameazada. Desde a transición ó fraguismo, A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na Sociedade da Información, A contrapelo e Figuracións. Mais tamén foi coautor dos libros Periodismo de Fuente e Periodismo especializado, entre outros.
Foi galardoado con numerosos premios, entre eles destacan o premio da Crítica-2000 ó ensaio pola súa obra A identidade fronte á rede, o Café del Bolengo (1985) ao mellor labor de opinión en Galicia e o Atlántida-2003 pola súa trayectoria como promotor e xornalista cultural. Este último concedido polo Gremi d'Editors de Catalunya.
É o director das revistas Teima e Tempos Novos, das que tamén foi o seu fundador. É asemade membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación internacional) e participa nos consellos de redacción das revistas Tempo Exterior e Criterios. Tamén realizou traballos no medio audiovisual: cómpre destacarmos ás súas achegas na TVG dirixindo e presentando Encontros e o programa semanal Extramuros.
Durante o 1983 e o 1985 foi Director Xeral de Cultura, na Xunta de Galicia, e entre as súas propostas destacan a creación do Centro Dramático Galego e o Arquito da Imaxe. Na Xunta de Goberno correspondente ao período 2004-2008 exerceu como vogal e é o director do Observatorio Galego dos Medios (OM).