
LIONEL REXES (París, 1971), diplomado en Maxisterio pola Universidad Autónoma de Madrid.
Autor do estudo paremiolóxico Ditos e refráns do Valadouro, publicado polo Seminario de Estudos do Valadouro en 2013, das novelas A raíña das velutinas, publicada por Xerais en 2017, A montaña do poeta, publicada por Xerais en 2022, Nove lúas, publicada por Edicións Embora en 2024, As donas da noite, publicada por Edicións Fervenza en 2025, e da, aínda inédita, O terceiro desexo, finalista no Premio de Novela “Vilar Ponte”, de Viveiro, en 2024.
Premios e mencións:
-Premio Lonxa Literaria 2011 por Abonda que lle chaman Porto.
-1º Premio Minicontos de Outono 2011 por Luzada.
-Premio Relatos de Verán-Redelibros.es 2012 por A patria era unha aira.
-Accésit da Lonxa Literaria 2015 por A hucha das mazás.
-Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo 2015 por Monsieur Bocskai.
-2º Premio Certame Literario Concello de Ames 2016 por A mortalla do demo.
-Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey 2016 por A raíña das velutinas.
-1º Premio Contos de Verán-El Progreso 2017 por Minnesota.
-Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo 2017 por O tempo dos pexegos.
-Finalista no Concurso de Microrrelatos RAG-Puntogal 2018 por Lección de xeografía.
-Finalista no Premio Modesto R. Figueiredo 2019 por Garfos de prata.
-Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey 2021 por A montaña do poeta.
-Accésit no Certame Literario Manuel Oreste Rguez. López 2022 polo poema A métrica da cinza.
-Premio A.C. “O Facho” de Teatro Infantil 2023 por Están chovendo flores.
-Premio de Novela Curta Xosé Neira Vilas 2023 por Nove lúas.
-Premio Internacional de relato curto “Encarna León” (Melilla) 2024 por Aliento de cárcel.
-Finalista no certame “Cantábrico mar de vida” 2024 de Navia por Tierra de Patariños.
-Finalista no Premio de Novela “Irmáns Vilar Ponte” 2024 por O terceiro desexo.
-Premio “Balbino” de Relatos 2025 por As donas da noite.
[Setembro de 2026]
