Laura
Rey Pasandín

A Coruña, 1980. Técnica superior en Integración Social, Educadora Social e licenciada en Psicopedagoxía.

A miña paixón pola escritura xurdiu case ao tempo que o proceso de adquisición da lectoescritura, alá polo ano 1986.
Foron moitos os diarios que enchín, sempre baixo chave, coas letras, frases e poemas que precisaba escribir, como bálsamo para a miña alma.
Foi no ano 2016 cando me liberei de medos, e me presentei ao certame de poesía da biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Co poema "dime ti" gañando o primeiro premio da categoría galego.
En decembro do 2016 presentouse a miña novela As mans da terra, na editorial Toxosoutos.

[Xullo, 2017]