Lara
Dopazo Ruibal

Xornalista e escritora marinense. Autora dos poemarios dende illa peixe (Xunta de Galicia, 2008), ovella (Concello de Outes, 2015), Os lobos na casa de Esaú (Chan da Pólvora, 2017) e claus e o alacrán (Espiral Maior, 2018), este último, publicado en inglés nos Estados Unidos baixo o título claus and the scorpion (co•im•press, 2022).

É coautora e coeditora de A través das marxes: Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns (Bartlebooth, 2018). A súa última obra publicada é a colección de contos O axolote e outros contos de bestas e auga (Galaxia, 2020). Tamén é autora da tradución ao galego da poeta italiana Antonia Pozzi, no volume Lume branco (Rinoceronte, 2021).

Textos seus foron recollidos en revistas galegas, españolas e internacionais, e traducidos a unha decena de linguas. Ademais, participou en diversas antoloxías de poesía.

Foi artista residente na Real Academia de España en Roma no ano 2019 e parte do Spanish Creative Writing MFA da Universidade de Iowa, Estados Unidos, entre os anos 2021 e 2023.

[Decembro, 2024]