J. L.
Graña Muíño

Cerdido (A Coruña), 1955. Profesional do ensino, desenvolve a maior maior parte da súa vida laboral impartindo clases de Lingua Galega, amosándose especialmente activo co alumnado no desenvolvemento de actividades relacionadas co ámbito escénico: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...

Publicou o libro Cerdido: lingua e outras realidades, monográfico sobre o seu concello natal; a novela Converxencia na cor vermella, centrada nos efectos socio-económicos da chamada reconversión naval nas décadas dos 80 e dos 90 do século XX na zona de Ferrolterra; a obra de teatro Itinerario do botellón, invitación á reflexión, enfeitada de humor, sobre este grave problema social, e A vida é dura antes dos 18, conxunto de relatos que amosan o mundo interior dos adolescentes.

É autor, tamén, da adaptación teatral de Mar adiante, obra narrativa homónima de María Victoria Moreno.

[Febreiro, 2019]