Isabel
Mociño

Eu son filla da emigración. Nacín en Alemaña aínda que, cousas da vida, teño unha partida de nacemento española que di que seica foi en Sarreaus, un concello da Limia ourensá. Era alá polo ano no que o réxime ditatorial ía camiño do seu final. Porén para os meus avós maternos de Lodoselo era o inicio da crianza dun novo membro da familia, unha neta.

Os meus primeiros trece anos na aldea estiveron cheos de contos, lendas, sucedidos... Eu era a única nena do barrio do Outeiro, onde pululaban personaxes misteriosos que cada noite de inverno acudían á cociña dos meus avós. Con eles traían a carón do lume bruxas, mouros, fadas, lobos, ánimas que poboaron o meu imaxinario e moitas veces encheron de terror os meus soños. Era un mundo de palabras, escasos libros e unha televisión morta no salón debaixo dun pano, que só en sinaladas datas se acendía. Sen decatarme, un día que non sei cal foi, este microcosmos viuse esgazado por moitas razóns: cada vez eran máis as casas que se foron pechando, interesábame máis ir xogar ou falar cos rapaces doutros barrios ca estar a falar cos vellos que quedaban e o peor de todo foi que en plena adolescencia regresaron meus pais, que me levaron con eles para Celanova, onde vivín entre o conflito interno e a evocación do que quedou atrás os anos previos á marcha á universidade. Neste tempo refuxieime nos libros, como querendo buscar unha resposta que non chegou.

Foi quizais esa falta de respostas a que fixo que, sen decatarme, tomara camiños no plano laboral que me levaban unha e outra vez ao universo da infancia. Primeiro porque a ela regresei no inicio do meu labor de investigación, no que me acheguei ás figuras femininas no cancioneiro popular galego. Probablemente querendo coñecer mellor o que sentín sempre como unha perda, o mundo da tradición oral que me arrolou cada noite e cada soño. Máis tarde, casualidade ou non, rematei conducindo os meus pasos cara á Literatura Infantil e Xuvenil, na que comecei no momento que o século XX expiraba e se iniciaba un novo ciclo. Dende entón sigo dialogando coas bruxas, cos lobos, con mouras encantadas, pero tamén con extraterresteres, monstros e todo tipo de fauna literaria que alimenta o espírito de nenas e nenos do século das tecnoloxías, como aquel lume que arrequentou o espírito das xeracións que nos precederon e legaron tan rico patrimonio cultural.

Hai máis “casualidades” na miña vida. Máis argumentos para pensar que todo é un entramado de fíos invisíbeis que nos levan por camiños que só o tempo nos revela sorprendentes. Despois de traballar uns cantos anos como bolseira, esa figura que deu para tanto no tempo que nos tocou vivir, un día atopei que estaba facendo as maletas para marchar á emigración. Si, eu tamén seguía o camiño de miles e miles de homes e mulleres que, como os meus pais, un bo día decidiran que había que marchar, buscar outras formas de gañar o pan, coñecer outros mundos e outras xentes. Eu tamén marchaba cun contrato de traballo pechado por tres anos, cunhas condicións que só coñecería ao chegar ao destino: era a Universidade do País Vasco. Agora os emigrados somos xente máis preparada, traballadores cualificados, que seica imos como “embaixadores culturais” da nosa Terra. Con esta idea traballei en labores de docencia e investigación, pero sobre todo vivín moi intensamente a colaboración cos Centros Galegos de Vitoria-Gasteiz e San Sebastián-Donostia. Neses anos puiden entender mellor o que é o apego á terra. Vivín nas miñas carnes a emoción de xente que, xa con moitos anos e nacidos entre os vascos, segue sentindo que é ante todo de esencia galega, que quere volver á terra cando ten ocasión, que o seu legado cultural é unha mestura, pero no que as tradicións, costumes e crenzas dos seus antepasados galegos teñen a vitalidade e viveza que en parte estamos perdendo aquí.

De volta a Galicia, integreime na Universidade de Vigo, na que comecei os meus estudos universitarios. Aquí levo dende o ano 2009, primeiro en Filoloxía e Tradución, despois na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense. E sigo coa Literatura Infantil e Xuvenil a voltas. Mais agora tentando que as futuras mestras e mestres de Educación Infantil e Primaria a lean, a coñezan, a amen e a transmitan aos seus destinatarios preferenciais, as nenas e nenos.

Infancia, infancia, infancia.....

Entre os títulos nos que colaborei figuran:

- Lluch Crespo, G., e B. Roig Rechou (coords., 2005), Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico, Universidade de Santiago de Compostela.

- Roig Rechou, B. A. (coord., 2005), Hans Christian Andersen, Jules Verne e El Quijote. Na literatura infantil e xuvenil do marco ibérico, Vigo: Xerais.

- B. Roig Rechou (coord., 2005-2008), Informes de Literatura 2004, 2005, 2006 e 2007, Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades/Xunta de Galicia.

- Mociño González, I. (coord., 2004), A nosa literatura infantil e xuvenil 2003, Santiago de Compostela: GALIX/ Xunta de Galicia.

- Roig Rechou, B. A, I. Soto López e P. Lucas Domínguez (coords., 2006), Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, Vigo: Xerais.

- Agrelo Costas, E., e I. Mociño González (eds., 2007), Amador Montenegro Saavedra e a súa obra narrativa en galego, Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades/Xunta de Galicia.

- Gomes, J. A., e B. Roig Rechou (coords., 2007), Grandes autores para pequenos leitores, Porto: Deriva Editores.

- Mociño, I., M. Neira, A. M. Ramos e S. Reis (coords. 2008), Do livro á cena, Porto: Deriva Editores.

- Roig Rechou, B. A., I. Soto López e P. Lucas Domínguez, (coords., 2008), A guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil, Vigo: Edicións Xerais de Galicia/Fundación Caixa Galicia.

- Roig Rechou, B. A. (coord., 2008), Docencia, investigación y crítica de LIJ en el Marco Ibérico, Santiago de Compostela/Cuenca: Literatura Infantil y Juvenil en el Marco Ibérico (LIJMI) / Centro de Promoción de la Lectura y Literatura Infantil (CEPLI)/ Universidad de Castilla-La Mancha.

- Rösing, T. e M. Rettenmaier (orgs., 2008), Leitura dos espaços e espaços de leitura / Lectura de los espacios y espacios de lectura, Passo Fundo: Universidade de Passo Fundo/Badajoz: Universidades Lectoras.

- Ramos, A.M., J. A. Gomes e S. Reis da Silva (coords., 2009), A Memória nos Livros: História e histórias, Porto: Deriva Editores, “Estudos sobre Literatura e Memória”.

- Roig Rechou, B. A. e C. Franco Vázquez (eds., 2010), A Santiago. Relatos infanto-xuvenís para o Camiño, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/ELOS (Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil)/LIJMI (Rede temática de investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano).

- Roig Rechou, B. A. e M. J. Agra Pardiñas (eds., 2010), Itinerario de lecturas. De Camiño a Compostela pola LIX, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/ELOS (Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil)/LIJMI (Rede temática de investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano).

- F. Lafarga, L. Pegenaute e E. Gallén (eds., 2010), Interacciones entre las literaturas ibéricas. Relaciones literarias en el ámbito hispánico: traducción, literatura y cultura, Bern: Peter Lang.

- Roig Rechou, B. A. (coords., 1995-2011), Informe de Literatura 1995-2010, Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades/Xunta de Galicia.

- Roig Rechou, B. A., I. Soto López e M. Neira Rodríguez, (coords., 2011), O álbum na literatura infantil (2000-2010), Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

- Ramos, A. M e I. Mociño (eds., 2011), Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil/Crítica e Investigação em Literatura Infantil e Juvenil, Vigo/Braga: ANILIJ/Universidade do Minho.

- Mociño, I. (2011). Estudo comparado de narrativa infantil e xuvenil de ficción científica nas literaturas galega e portuguesa (Universidade de Santiago de Compostela, ISBN 978-84-9887-771-7 (Edición dixital: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/3622)

- Azevedo, F., A. Mesquita, A. Balça e S. Reis da Silva (2011) (coords.), Globalização na Literatura Infantil. Vozes, Rostos e Imagens, Raleigh N.C., Estados Unidos: Lulu Entreprises, (ISBN: 978-1-4710-1319-5).

- Rodríguez Rodríguez, B. e S. Reis da Silva (eds., 2012), Literatura Infantil y Juvenil e Identidades/Literatura para a Infância e Juventude e Identidades, Vigo/Braga: ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil/ELOS. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil/Centro de Investigação em Estudos da Criança (Instituto de Educação - Universidade do Minho), col. Estudos.03, pp. 13-28 (ISBN: 978-972-8952-23-5).

- La guerra civil española en la narrativa infantil y juvenil (1936-2008), editado por Blanca-Ana Roig Rechou, Veljka Ruzicka Kenfel y Ana Margarida Ramos (2012), Porto/Santiago de Compostela: Tropelias&Companhia/Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, col. PerCursos da Literatura Infantojuvenil, n.º 8, (ISBN: 978-989-8582-12-6).

- Ferreira Boo y A. M. Ramos (eds.) (2013).La familia en la literatura infantil y juvenil / A família na literatura infantil e juvenil, Vigo/Braga: ANILIJ/ELOS/CIEC Universidade do Minho, col. Estudos. 04, pp. 265-274 (ISBN: 978-972-8952-26-6).

- Silva, Maria Madalena Marcos Carlos Teixeira da Silva e Isabel Mociño (coords., 2013), Literatura para a Infância e a Juventude e Educação Literária, Porto: Deriva Editores, col. Deriva, pp. 147-164 (ISBN: 978-972-9250-96-5).

- Álvarez Ledo,S., M. C. Ferreira Boo e M. Neira Rodríguez (eds., 2013), De la Literatura Infantil a la Promoción de la Lectura, Madrid: CEU Ediciones, pp. 163-180 (ISBN: 978-84-15949-28-2)

- Roig Rechou, B.-A., I. Soto López e M. Neira Rodríguez (coords., 2014), Inmigración/Emigración na LIX, Vigo/Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 313-327 (ISBN: 978-84-9914-723-9).

- Roig Rechou, B.-A. e V. Ruzicka Kenfel (eds.), The Representations of the Spanish Civil War in European Children’s Literature (1975-2008), Frankfurt am Main: Peter Lang, col. Kinder -und Jugendkultur -literatur und –medien. Theorie- Geschichte – Didaktik, 87, pp. 57-71 (ISBN: 978-3-631-62245-2).

- Macedo, A. C., E. Agrelo Costas e S. Reis da Silva (coords., 2014). Formación lectora. Obras imprescindíbeis / Formaçao Leitora. Obras Imprescindíveis, “Formación lectora: experiencias e propostas”,Porto: Tropelias&Companhia, pp. 209-226 (ISBN: 978-989-8582-36-2).

- Augusto, Sara, Alexia Dotras Bravo y Diego Santos Sánchez (eds., 2015). Literatura y Re/escritura, Coimbra: Centro de Literatura Portuguesa, pp. 233-244 (ISBN: 978-972-9126-30-7).

- Luna Alonso, A., Á. Fernández Rodríguez, I. Galanes Santos e S. Montero Kupper (eds.) (2015). Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega, Peter Lang, col. Relaciones literarias en el ámbito hispánico: traducción, literatura y cultura, n.º 11, pp. 105-126 (ISBN: 978-3-0343-1487-9).

- Tarrío Varela, A. (ed.) (2015). Día das Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 89-113 (ISBN: 978-84-16183-82-1).

- Roig Rechou, B.-A. (coord.) (2015) Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega, coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2015 (ISBN: 978-84-9914-845-8).

- Roig Rechou e Isabel Mociño González (coords.), Libros galegos de onte e hoxe para a nenez e a mocidade (2010-2015), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico/ Instituto de Ciencias da Educación, col. Materiais didácticos, n.º 25, 2015, 241 pp. (ISBN: 978-84-16183-98-2).

- Mociño González e Blanca-Ana Roig Rechou (coords.), Libros en galego de onte e de hoxe para a nenez e mocidade (2010-2015), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico/ Instituto de Ciencias da Educación, col. Materiais didácticos, n.º 26, 2015, 187 pp. (ISBN: 978-84-16183-99-9).

- Roig Rechou, Blanca-Ana, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.), Retorno aos clásicos. Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil, ilust. da cuberta e interiores Olalla Cortizas Varela, Vigo/ Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/Red Temática LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2015, 573 pp. (ISBN: 978-84-9914-946-2), pp. 319-329.

- Fernández, Mar, Ana Cristina Macedo, Isabel Mociño e Ana Margarida Ramos (coords.) (2015), De como a Literatura para a Infância e a Juventude «é chamada à guerra». Reflexões sobre os conflitos bélicos na Galiza e em Portugal /De como a Literatura para a Infancia e a Xuventude «é chamada á guerra». Reflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal, Porto: Tropelias&Companhia/ inED (Universidade de Aveiro), “Estudos e Notas”, pp. 161-175 (ISBN: 978-989-8582-41-6).

- Informe de literatura 2014, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2015, 1.173 pp. (ISBN: 978-84-453-5200-7). Publicado en CD-ROM. Pódese consultar e descargar dende a páxina en liña do Centro: http://www.cirp.es/rec2/informes/

- Roig Rechou, Blanca-Ana e Riita Oittinen (coords.), A Grey Background in Children’s Literature: Death, Shipwreck, War, and Disasters/ Literatura infantil y juvenil con fondo gris: muerte, naufragios, guerras, y desastres, München: Iudicium, 2016, 318 pp. (ISBN: 978-3-86205-442-8), pp. 197-212.

- Cid Fernández, Xosé Manuel (coord.), Estudos e Investigacións na Facultade de Educación de Ourense 100 anos despois de Risco. 15 anos da Facultade de Ciencias da Educación, A Coruña: Andavira Editora, 2016, 512 pp. (ISBN: 978-84-8408-956-8). pp. 451-474.

- Roig Rechou, Blanca-ana, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.), Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, Vigo/ Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia/Red Temática LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2016, 470 pp. (ISBN: 978-84-9121-123-5), pp. 273-284.

- Casais Vila, Verónica e Alba Rozas Arceo (coords., revisoras e autoras), Un lustro de lecturas para la infancia y la juventud / Five Years of Books for Children and Young Adults (2010 -2015), Universidade de Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico/Instituto de Ciencias da Educación, col. Cadernos do mediador, n.º 3, “Libros gallegos/Galician Books”, “Libros en gallego/Books in Galician”, “Monografías y Estudios Críticos/ Scholarly Books”, 2016, 1.007 pp. (ISBN: 978-84-16954-09-4).

- Ramos, ana Margarida (org.). Aproximações ao Livro-Objeto: das potencialidades criativas às propostas de leitura. Porto: Tropelias&Companhia, col. PerCursos da Literatura Infantojuvenil, n.º 17, 226 pp. (ISBN: 978-989-8582-54-6). pp. 101-127.

- Requeixo, Armando (ed.). Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío Varela. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, pp. 583-596 (ISBN: 978-84-453-5251-9).

- Franco-Vázquez, Carmen e Blanca-Ana Roig Rechou (coords.). Educación literaria y artística: conflictos sociales y bélicos. Barcelona: Graó, col. Análisis y estudios, n.º 2, pp. 101-122 (ISBN: 978-84-9980-789-0).

- Guía de narrativa. Prelectores e primeiros lectores. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, col. Ler conta moito, pp. 37-48. En https://www.cultura.gal/sites/default/files/guia_de_lectura_narrativa_final.pdf

- Agrelo Costas, Eulalia (coord.) (2018). Guerras mundiais na Literatura Infantil e Xuvenil galega. Roles de xénero. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico/ Instituto de Ciencias da Educación, col. Materiais didácticos, n.º 27, pp. 88-103.

- Mociño González, Isabel (2019). “Las (re)escrituras en libros-objeto de un clásico contemporáneo de la literatura universal: El Principito” (pp. 97-121). En Diana Navas e Maria Aparecida Junqueira (orgs.). Libro-Objeto: Pluralidade, Potência. São Paulo: Big Time Acadêmica, 180 pp. (ISBN: 978-85-9485-120-8).

- Mociño-González, Isabel and Agrelo Costas, Eulalia (2020). The Topic of Death in Galician Literature for Children and Young Adults. In Veljka Ruzicka Kenfel and Juliane House (eds.). Death in Children’s Literature and Cinema, and its Translation (pp. 101-138). Berlín: Peter Lang, Band 123, (ISBN: 978-3-631-81437-6). DOI 10.3726/b17389

- Mociño-González, Isabel e Agrelo Costas, Eulalia (2020). “Humor e terror nas múltiples lecturas dun libro pop-up: A casa enmeigada, de Jean Pienkowski”, en Sara Reis da Silva (org.). Clássicos da Literatura Infantojuvenil em Forma(to) de Livro-Objeto (pp. 147-162). Braga: Uminho Editora, Universidade do Minho, pp. (ISBN: 978-989-8974-20-4). https://doi.org/10.21814/uminho.ed.13

- Mociño-González, Isabel (2020), “Dramatizar unha lenda: O galo de Portugal camiño de Compostela, de Carlos Labraña”, en Marta Neira Rodríguez, Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Soto López (coords.). Camiño e peregrinacións na LIX (Compostela no horizonte) (pp. 365-374). Vigo: Edicións Xerais de Galicia/LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 489 pp. (ISBN: 978-84-9121-754-1).

- Mociño González e E. Agrelo Costas (2020). Libro-obxecto: do artefacto ás infinitas lecturas (pp. 101-124). En E. Debus, M. L. P. Spengler & F. Gonçalves (org.). Livro-Objeto e suas (arte)manhas de construção. Curitiba-Brasil: Editora Mercadolivros, 150 pp. (ISBN: 978-65-88356-01-2).

- Agrelo-Costas, E. e I. Mociño-González (2020). “Vellas voces en novas materialidades: Libro-obxecto e celebracións populares galegas”, en C. Sousa Pereira (org.). Literatura infantojuvenil: Livro-Objeto e património(s) (pp. 57-77). Évora: Tropelias&Companhia / Universidade de Évora / CIDEHUS. Centro Interdisciplinar de História, Culturas e Sociedades, 267 pp. (ISBN: 978-989-8582-93-5).

- Mociño González, Isabel (2021). O libro-obxecto: algunhas características e potencialidades para a educación literária (pp. 170-194). En M. L. Splenger, E. Debus, N. Bortolotto e C. Machado (orgs.). Literatura infantil e juvenil. A palavra literária, (r)ex(s)istir no encontro com o outro. Florianópolis: Apoio Editora (ISBN: 978-65-991834-2-3).

- Mociño González, Isabel (2021). Lectura de dous clásicos contemporáneos: Fina Casalderrey e Agustín Fernández Paz dende a ficción científica (pp. 543-556). En M. Neira& A. Requeixo (eds.). Verbas amigas. Estudos en homenaxe a Blanca Ana Roig Rechou. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 831 pp. (ISBN: 978-84-453-5373-8).

- Mociño-González, Isabel e Eulalia Agrelo Costas (2021). A morte na literatura infantil e xuvenil do ámbito galego (pp. 47-73). En M. Neira Rodríguez, B.-. Roig Rechou e I. Soto López (coords.). A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana. Vigo: Edicións Xerais de Galicia/LIJMI/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 574 pp. (ISBN: 978-84-9121-985-9).

- Mociño-González, I. (2020). Leituras de um artefato: teatro de papel de Rébecca Dautremer / Lecturas de un artefacto: el teatro de papel de Rébecca Dautremer. FronteiraZ. Revista do Programa de Estudos Pós-Graduados em Literatura e Crítica Literária da PUC-SP, n.º 24 (julho de 2020), 24-39 http://dx.doi.org/10.23925/1983-4373.2020i24p24-39

- Mociño-González, I. e Roig Rechou, B.-A. (2020). Ler os clásicos: Alicia en lingua galega, Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 7, 175-192 (ISSN: 2386-7620). https://revistas.usc.gal/index.php/elos/article/view/7110

- Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Mociño-González (2021). Ediciones de El Quijote para niños y jóvenes en lengua gallega (pp. 271-293). En J. Montero e A. Dotras (ed). Los niños la manosean, los mozos la leen: Quijotes para la infancia y la juventud en Europa. Madrid: Instituto Universitario de Investigación Miguel de Cervantes / Universidad de Alcalá de Henares. ISBN: 978-84-18979-12-5.

- Isabel Mociño-González e Eulalia Agrelo Costas (2021). Libro-obxecto artesanal e literatura popular: cara á ruptura de fronteiras lectoras (pp. 137-155). En Diana Navas e Ana Margarida Ramos (orgs.). Livro-Objeto para todas as idades. São Paulo, Brasil: Editora Semente Cultural. ISBN: 978-65-86610-46-8.

- Isabel Mociño-González e Eulalia Agrelo Costas (2022). Robinsóns perdidos nas illas: respostas lectoras á parodia dos clásicos universais (pp. 51-63). En Ana Margarida Ramos (org). Livro-Objeto. Metaficção, hibridismo e intertextualidade. Aveiro, Portugal: Universidade de Aveiro/Centro de Línguas, Literaturas e Culturas. ISBN: 978-989-755-851-1.

[Abril, 2023]