Isaac Rielo Carballo, naceu en Arcos de Frades (Pol, Lugo) o 1 de novembro de 1930. Estudou Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario Conciliar de Lugo no que se ordenou de sacerdote o 24 de xullo de 1955. Tras unha curta estadía no exercicio do ministerio parroquial, ingresou, por oposición, no Corpo de Capeláns Militares do Ministerio de Defensa, do que se retirou, cumprida a idade regulamentaria, co emprego de Coronel Capelán. Achábase en posesión dos títulos académicos de Licenciado en Dereito Canónico (Universidade Pontificia Comillas de Madrid), Licenciado en Teoloxía especialización de Teoloxía Fundamental (Facultat de Teologia de Catalunya) e Diplomado en Xenealoxía Heráldica e Nobiliaria (Instituto Salazar y Castro C.S.I.C.).
[Xaneiro, 2015]