Naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo (primeiro Moaña, agora Cangas) desde os sete anos. As historias que lIe contaron, que vive e que respira nestes dous lugares impregnan boa parte do que escribe.
Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario e hoxe exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega.
Coma unha áncora é a súa primeira obra literaria publicada. A segunda chegou en 2016, A soidade das medusas, un conxunto de relatos enlazados que conta coas marabillosas ilustracións de Luz Beloso e que foi finalista dos Premios da Gala do Libro Galego dese mesmo ano. Foi traducida ao francés en 2018 co nome La solitude des méduses (Solanhets) e ao portugués do Brasil en 2019. Coma unha áncora e A soidade das medusas están publicadas na colección Costa Oeste da Editorial Galaxia.
Posteriormente participou co relato "Meghalaya" no volume colectivo O libro dos trens, publicado por Galaxia.
No 2019 acadou o 2º premio de poesía Torre da Caldaloba co libro De casa queimada, que publicou a editorial Alvarellos ao ano seguinte.
[Febreiro, 2021]