Inés Mosquera Calvo (Carcacía – Padrón, 1992) é graduada en Educación Primaria cun Mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Na actualidade dedícase ao mundo da tradución e exerce como xurado en certames literarios. Foi bolseira no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde participou na redacción dos Informes de Literatura e colaborou coa sección “Elos de lectura” sobre literatura infantil e xuvenil do xornal El Correo Gallego. Publicou recensións e artigos académicos sobre diferentes obras e autores da literatura galega. No 2022 iniciou a súa traxectoria como autora en verso, vendo a luz o poemario Papoulas amarelas, da man de Medulia Editorial.
[Outubro de 2023]