Gonzalo
Hermo

Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) é licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive en Cataluña, onde é profesor asociado da Universitat Autònoma de Barcelona e imparte o curso anual de poesía da Escola de Lletres de Tarragona. Publicou dous libros de poesía: Crac (Barbantesa, 2011) e Celebración (Apiario, 2014), traducido ao catalán (Godall, 2016) e ao castelán (La Bella Varsovia, 2017). Recibiu os premios Xuventude Crea da Xunta de Galicia en 2010, o Premio da Crítica Galega en 2015 e o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Moza «Miguel Hernández» en 2015. Exerceu puntualmente a crítica literaria para diferentes medios e a tradución de poesía galega contemporánea ao castelán. É membro fundador da editora-libraría-espazo de creación Chan da Pólvora, con sede en Santiago de Compostela.