Francisco Antonio
Sampedro Ojeda

1956, A Coruña

Ensaísta, tradutor, filósofo.

Francisco Sampedro Ojeda é doutor en filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do consello de redación da revista A trabe de ouro, así como da publicación francesa Multitudes. Pertence tamén ao Groupe d’études sartriennes e á Association Louis Althusser. É colaborador regular da Escola Europea de Psicoanálise.

Impartiu conferencias nas Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, Lausanne, Poitiers, Bologna, e na École Normale Supérieure de Paris e na Semana de Filosofía de Pontevedra, así como en outras institucións. Profesor de cursos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de ensino medio. Publica con regularidade en diferentes medios xornalísticos.

[Setembro, 2013]