Fina
Roca

Licenciada en Filosofía e Letras (Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesora e titora de prácticas do Instituto de Ciencias da Educación (CAP) das Universidades de Santiago, A Coruña e Politécnica de Madrid, e do Mestrado da Universidade de A Coruña. Membra fundadora do Seminario de Estudios Terra de Viveiro. Profesora referente do proxecto didáctico de ámbito estatal para fomentar hábitos lectores estables na poboación infantil e xuvenil: PBE (Programa Biblioteca Escuela) subvencionado pola Fundación Bertelsmann. Habitual colaboradora de El Heraldo de Viveiro e da revista Tempos Novos. Protagonista de varios capítulos de A Memoria Cotiá, un documental da Televisión de Galicia baseado nas anécdotas e recordos de personaxes dos máis variados oficios e idades, dirixido por Manolo Gómez: un percorrido sobre a evolución da sociedade galega a longo do século XX. Crítica Literaria. Guionista, documentalista e comentarista de Literatura infantil exuvenil: Do Cómic á Literatura Universal emitido en Localia TV no Programa Tres Pés al Gato (2003). Ídem do programa radiofónico de Literatura Infantil e Linguaxe Magazul emitido por Radio Voz (2003-2004). Columnista de El Mundo (1998-2002). As súas crónicas e reportaxes aparecen publicados en diversos periódicos e revistas de ámbito estatal, autonómico e local: Luís Tobío Ciencia Enteira. Rolindes Mariñeira Titulada. Principiños de Favelas. María do Cabaleiro nai do Maio Arxentino, do Nogarido, Covas- Viveiro. Cataventos. Entroido. San Andrés de Teixido. Carmen a portuguesa. A casa Barros. O Pazo do Grallal, etc.

Dende hai varios años mantén unha bitácora en Internet: http://www.finaroca.com/

Outros datos de interese

PREMIOS: Gañadora do Primeiro Premio da Agrupación Cultural Sementeira (1975) cuxo xurado estaba presidido polo poeta Manuel María. Ao largo da súa vida profesional gañou numerosos premios literarios e informáticos co seu alumnado. Organizadora e acompañante das excursións de fin de curso e do 'Roteiro Literario' do seu instituto. Coordinadora do periódico escolar A Queimada, gañador do Primeiro Premio Estatal convocado pola Generalitat (2003) Cataluña Terra de Acollida, no que concursaron 50.000 periódicos escolares do Ensino Público e Privado.

[Marzo, 2019]

WEBS SOBRE A AUTORA