Fernando
González Graña

Fernando González Graña (Cuntis, 1962)

En narrativa ten publicado O diario de Daniel (Edicións Fervenza, 2001) e O móbil do crime (Edicións Fervenza, 2015). En autoedición publicou O misterio do faiado (2012) e Graduada mixta.Bach (Azur, 2023)

Como dramaturgo é autor das obras: Clave rosa (2003), Sálvese quen poida (2004), Eclipse (2006), Cousiñas do mar e do río (2006), O partido de fútbol do século (2008), Reciclaxe (2010), O máxico e tolo camiño a Compostela (2010), Ghuasá (2017) e A matanza clandestina (2020) todas elas en Edicións Fervenza.

En poesía infantil publica no ano 2019 Zapatos máxicos (Edicións Fervenza) e A miña gata Piu (Edicións Fervenza, 2025).

No que respecta a narrativa infantil publica no ano 2023 O meu amigo Conto (Edicións Fervenza).

Participa en varios libros colectivos, como o editado pola “Fundación A Solaina” de Piloño (2003); En Dairas, do IES García Barros da Estrada (2011); Verbo na arria (2017) en homenaxe a Xoán Xesús González. En Tes cinco minutos#3 (Editorial Galaxia, 2023); Tes cinco minutos #4 (Editorial Galaxia, 2024); Carta de autodefensa do Demo (2005); Amores que matan (2006). Elisardo Pego, escultor (edición do propio escultor, 2025).

[Abril de 2025]