Ernesto
Is

Dramaturgo e creador teatral. Titulado en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Técnico Superior de Realización e Produción Audiovisual. Amplía a súa formación coa asistencia a talleres e cursos de destacados profesionais do eido escénico como Paula Carballeira, Alfredo Sanzol, Bárbara Colio, Antonio Rojano ou Sergio Blanco.

En 2016, gaña ex aequo o Premio ‘Abrente’ da MIT de Ribadavia con Fendas. En 2017, obtén o Premio ‘Rafael Dieste’ de Textos Teatrais da Deputación da Coruña con Despois das ondas, monólogo sobre a actriz María Casares polo que foi finalista a mellor texto orixinal nos XXIV Premios ‘María Casares’ da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Volve gañar o ‘Abrente’ con Profetas en 2021.

Participa no Programa de ‘Dramaturgias Actuales’ do INAEM no ano 2017, dando como resultado a peza El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. En 2018, forma parte do grupo ‘DramaturXa’ do Centro Dramático Galego, para o que escribe a obra Onde veñen morrer as baleas. En 2020, os teatros de Euskadi seleccionan o seu proxecto Canciones amarillas, flores tristes para desenvolvelo dentro do programa ‘Antzerkigintza Berriak’ de novas dramaturxias. En 2021, escribe a pieza de teatro documental Relato para un incendio grazas á primeira bolsa de dramaturxia e creación convocada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Escribe para as compañías Feira do Leste (Exilio das Moscas e Tras Tannhäuser —axudas á 'Creación Joven' do INJUVE—), Señora Supina (Hotel Europa) e Inversa Teatro (O Péndulo, coautoría xunto a Marta Pérez).

Na actualidade, compaxina o seu traballo creativo coa docencia de escrita teatral e audiovisual en diferentes colectivos e institucións. Colabora como redactor coa erregueté | Revista Galega de Teatro, no programa Zigzag Diario da Televisión de Galicia e na revista de ocio cultural A Movida.

[Maio, 2023]