Eladio
Medel

O masidao Eladio Medel (1973) é Doutor en Dereito pola Universidade de Vigo (2018), onde defendeu a súa tese titulada Compliance. Modelo e sistema de prevención penal, que logo da Reforma do Código Penal de 2015 vén explicar como se ten que producir a introdución do compliance officer na empresa.

Avogado de Couto Xestión Reservio (2000) compaxina a súa profesión con colaboracións coa Administración: Oficial de Notaría (2003), Mediador Concursal do Ministerio de Xustiza (2017), Mediador de Consumo da Xunta de Galicia (2018), Fiscal dos Xulgados de Xixón (2019), Asesor Xurídico e Mediador Intercultural do Programa de mulleres vulnerables e violencia de xénero da Xunta de Galicia (2020) e Técnico da Administración Xeral do Concello de Ourense (2021).

Premio Frouma de Narrativa (1997) e Premio O Grelo de Poesía (2010), é autor de Fóra do muro, publicada na editorial Lumamia. Asemade é un dos artífices da revistainviable.gal, onde entre outros escribe o illado Do Dereito e do Revés.

[Abril, 2021]