Eirín
Faraldo

Eirín Faraldo simplemente pasaba por aquí.

Nacera nos oitenta, alí onde se vivía ben; o ceo tiña paxaros, a auga peixes, e os camiños pedras coas que topar. Por ser era de ciencias, e iso foi o que estudiou e no que traballou, ata que indo de aquí para acolá viuse na allea terra das letras.

Alí é onde naceu Miño, a súa primeira novela, e xuntos comezaron unha viaxe desas das que cando se chega, xa se esqueceu a onde se ía, andainas que acontecen pero non merecen, e que lían, vaia se lían. E mira ti, camiñando o seu camiño, acabou pasando por aquí.

[Maio de 2024]