SOCIA DE HONRA DA AELG. Letra E 2005 - Ourense.
Dora Vázquez naceu en Ourense, Galicia, España, o 21 de agosto de 1913. Seus primeiros estudios foron na Coruña, onde viviu dende os seis ata os trece anos. Os dazasete, ingresou na Escola Normal do Maxisterio de Ourense, onde levou o Primeiro Premio de Ingreso. Fíxose mestra nacional nos cursiños do ano 33. Exerceu en Teimende, Parada do Sil, Ourense 18 anos. Logo en Larín, Arteixo, A Coruña onde traballou outros quince. Casada con Antonio Rodríguez Vázquez mestre, ten dous fillos, Antonio Alejo e Abelardo. Actualmente é viuva, xubilada voluntariamente por motivos de saude e vive en Ourense.
Dende a sua xuventude sintiu aficións literarias, comenzando a publicar artigos no diario La Noche, de Santiago de Compostela en 1948. Colaborou despois en El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Vida Gallega, Vagalume, Arquero, Céltica, Faro de Vigo. Nas revistas profesionais, como El Magisterio Español y Escuela Española. Nas poéticas, Poesía Hispánica, Poesía de Venezuela e outras esporádicas e americanas. Tamén no Diario El Universal, Páginas e Vida y Letras de Caracas, e nos prelos da emigración en América en prosa e verso. Colaborou no Noticiario informativo da rexión galega na emisión radial "Sempre en Galicia" e no Boletín da Sociedade da "Hermandade Gallega" de Caracas. En Galicia colaborou en Radio Nacional de España, A Coruña, na "Emisión Bazar", 1956-1957.
A súa obra componse de arredor dun millar de traballos, artigos e poemas desparramados en diversos periódicos e revistas, aparte da sua obra maior que se compón de ensaios, contos, novelas, teatro e escolares.
Xa xubilada e en Ourense, colaborou asiduamente en La Región.
[Febreiro, 2002]