Domingo
Tabuyo

Pontevedra 1959. Dende moi novo trasladouse a Marín. Reside en Cambados, onde casou. Ten dous fillos.

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialidade de Arte. Profesor de Ensino Secundario con destino no IES Asorey de Cambados

Membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e do PEN Clube Escritores de Galicia. Colaborador de diversas publicacións culturais como: Rollo Klave, Poesía de Galicia, Ría do Ocio do Faro de Vigo, Cerna, Enormic Banda.

Realizou análise e crítica literaria na Guía dos Libros novos e no Faro da Cultura, Suplemento do Faro de Vigo.

Participante, moderador e organizador de múltiples actos literarios, culturais, exposicións, conferencias, presentación de libros, recitais etc, destacando: Participación e colaboración na organización do 1º Congreso da Poesía Galega, celebrado en Vilagarcia de Arousa no ano 1997. Membro do Comité Organizador do Ano Cabanillas en Cambados 2009. Coordinador das Xornadas: “Ramón Cabanillas e a Modernidade na Poesía Galega”, Cambados 27-28 de Novembro de 2009, organizado polo PEN Clube e a Dirección Xeral de Libros Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura. Membro do Comité Organizador do Ano Asorey en Cambados 2011.

Articulista semanal no Diario de Arousa, dende decembro 2011.

Concelleiro e Portavoz do Grupo do PSdeG-PSOE no Concello de Cambados, entre os anos 1992-2011. Deputado por Pontevedra no Congreso nas VIII e IX Lexislatura: entre Marzo 2004 e Setembro 2011, polo PSdeG-PSOE.

Obra Publicada

  • Poemario Manual de Urxencias e Retornos, accésit do Premio González Garcés 1993, Deputación da Coruña, A Coruña.
  • Poemario Balsaín Blues, Premio Concello de Ourense 1997.
  • Poemario: Nos tempos de Invernía, Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada, 1999.
  • Poemario A Luz Secreta, 2002, Colección Tambo da Deputacion de Pontevedra.
  • Poemario Cadernos de París, 2010, Edicións da Frouma, Follas Novas Santiago de Compostela.
  • Novela Carmín, 2002, Edicións Xerais de Galicia.
  • Infantil e Xuvenil: A Viaxe de Vionta, Ed. Everest Galicia 2007
  • Novela: Svea Kött, 2011, Edicións Xerais de Galicia.
  • Poemario As viaxes maiúsculas, I Premio de Poesía Camiño de Santiago, Editorial Carena, 2019.

Colectivos

  • Vis a Vis: 36 poemas e unha idea, Vilagarcia 1997
  • Vento Mareiro: aniversario dun libro mítico, Cambados 1998
  • O Cancioneiro e o Mar, Vilaxoán de Arousa, 1998.
  • Abraço. Poesía Colectiva. Ediçao AALF, Freamunde, Portugal, Xullo 2002.
  • Negra Sombra, Espiral Maior/Xerais/Federación de Libreiros, 2003 (Contra a Marea Negra)
  • Poetas con Rosalía, V encontro, Padrón 2010.

[Decembro, 2019]