Diego
Ares

Naceu na Coruña en xuño de 1977, onde viviu e estudou ata os 24 anos, cando pasa a primeira metade de 2002 en Londres. Despois mudouse a Madrid, onde se licenciou en Dereito pola Universidade Complutense. A mesma universidade publicou os seus relatos Johnny “O irlandés” e Na treboada, nos números 8 (2005) e 14 (2011) respectivamente, da revista Madrygal de estudos galegos.

En 2013 volve ao Reino Unido vivindo un pouco máis de 5 anos preto de Londres. En setembro de 2018 cruza o mar e instala na República de Irlanda onde vive preto da moi rebelde cidade de Cork.

En xullo de 2023 publicou Ouro en po con Medulia Editorial. Unha novela histórica sobre a vida da afouta Lady Hester Stanhope, froito de anos de investigación e escritura.

[Novembro, 2023]