Delmi Álvarez naceu na casa no barrio de Xan Xoán no Poulo, e é o maior de dous irmás. O seu pai, Miro foi traballador de Citroën, e Carmen, a súa nai, cosía para Alfredo Romero. Poucos anos despois a familia instalouse na rúa Fontáns, en Lavadores. Comezou os estudos no colexio Dutelmarq, Losada, Muro e Academia Barreiro. Cando construíron as casas de Citroën, na Bouza da parroquia do Cristo da Victoria, ingresou no instituto de Coia, onde Siniestro Total ensaiaban nos baixos. Alumno de Méndez Ferrín, participou nas protestas de estudantes na derradeira época franquista e foi membro activo do grupo de actividades do barrio obreiro. Con 15 anos marchou nun taxi a Hannover (Alemaña) a visitar aos seus tíos, emigrados e traballadores en fábricas alemás. Foi cando entendeu moi de perto o mundo da emigración e a Diáspora Galega, axudando a limpar os retretes e oficinas, Sentiu moita curiosidade o que acontecía no mundo soviético. Máis tarde iría a Suíza para aprender o alemán pero ao igual que outros, foi enganado polo dono que non pagaba e non ofrecía comida, nin tempo para ir ás clases de lingua alemana. Voltou con outras e outros galegos e escoitou o duro que é para uns e outros, a discriminación, abusos sexuais ou traballar sen cobrar.
Montañeiro do Club Celtas de Vigo levoulle a vivir en Canarias unha curta época para acadar un 3000 metros coa ascensión ao Teide. Foi aquí cando comezou a escribir relatos e cartas a súa nai, e mercou unha cámara Zenith a un mariñeiro ruso que as pasaba de contrabando. Chamado a filas pasou dous anos na Armada entre Ferrol e Marín, época na que xa alternaba a fotografía e os textos.
Emigrou a Londres para aprender o inglés e sufriu como outros españois e galegos a mesma discriminación, creando un grupo no hotel Imperial no que compartían as experiencias para levar mellor a vida diaria.
No 1989 viaxa por primeira vez nun Matra Seida de Alsa con emigrantes a Suíza. Na fronteira, os policías roubaron o pouco que levaban e salvaron algo de comida, xa que se pasaba moita fame. Aí naceu Galegos na Diáspora, un proxecto que lle levou 20 anos en acabar. Viviu en Cuba entre 1990 e 1991 documentando o periodo especial en tempo de paz, despois da caída da URSS. A illa non recibía a cota soviética de alimento e os países que comezaron o bloqueo fixo que a poboación pasase moita fame, sumado ao réxime cubano da prohibición de todo tipo de comercio. No verán de 1991, despois de regresar de Cuba, cobre en varios meses o asedio a Vukovar e no nadal de ese ano realiza a segunda viaxe ás Américas, do proxecto da diáspora desde Canadá ata Ushuaia. Nos respectivos anos seguirían as viaxes a Asia e Oceanía, África e Rusia alternando coa guerra de Iugoslavia. No 2009, para rematar o proxecto, viaxou por USA, Panamá, República Dominicana, Chile e Arxentina novamente.
Entre 2003 e 2011 vive en Riga, Letonia, traballando como escritor e fotógrafo no xornal Diena e no 2011 vén coa súa moza letoa Signe para Bruxelas e casan en setembro. Delmi Álvarez ten tres fillas, Anna Katrina e as xemelgas Elsa e Isabella.
Con Roko, o seu can, un amstaff húngaro, acostuma a dar longos paseos e a súa paixón por voar levouno a estudar para ter as licenzas de piloto de dron profesional.
Na bibliografía en galego ten dous libros individuais, Reporteiro de guerra en Iugoslavia (Xerais) e Galegos na Diáspora (Xunta de Galicia). Foi comisario de proxectos de fotografía con outros fotógrafos, participou en exposicións e libros colectivos.
No 2021 autoeditou (ao non atopar editorial) o libro de Iugoslavia, que na primeira edición quedara curto de texto. O novo título pasou a chamarse Érase una vez en Europa. Do proxecto da diáspora fixo unha segunda edición con Amazon, desta vez en tamaño A5, libro de peto, 826 páxinas.
No 2022, unha terceira edición deste proxecto está en Verkami para conseguir as achegas para unha nova impresión.
De cada proxecto imprime 100 libros, en papel amarfilado de 90 grs., facendo el mesmo e tendo control da edición e impresión como autor independente.
No 2023, publica Cuba 1991, un traballo documental levado a cabo no 1991 ao inicio do Período Especial en Tempos de Paz.
www.delmialvarez.com/cuba-book
Reside en Bruxelas.
[Maio de 2022]