Cristina
Negreira

Cristina Negreira Barcia (Negreira, 1990) é unha profesora de Lingua e Literatura en Secundaria apaixonada por aprender, feito que explica a súa formación heteroxénea. Conta cunha Licenciatura en Xornalismo, un Grao en Lingua e Literatura Españolas, un Mestrado en Estudos Internacionais, un Mestrado en Profesorado na especialidade de Linguas, un Doutoramento en Estudos Culturais, o Grao Profesional de Música e títulos pola EOI de galego, inglés, francés e portugués. Actualmente, está cursando o Grao en Historia da Arte na UNED e adentrándose na lingua italiana.

Esta nicrariense ten especial interese na comunicación entre as artes, idea que guiou a concepción do seu primeiro libro: Pozo Garza: a Luz máis alá da poesía.

Actualmente ten dúas liñas de investigación e divulgación (que difunde a través de publicacións en diversas revistas, así como en palestras en congresos). A primeira é sobre a obra de Luz Pozo Garza e a segunda sobre o contacto de linguas nas que o galego está implicado (acuñei o termo “Galespanglish” para a fala dos galegos asentados en Nova Iorque e investiguei durante os dous últimos anos dito fenómeno, mais agora estou planificando un novo estudo, en concreto sobre a fala dos galegos asentados na zona francófona de Suíza).

[Novembro de 2026]