Clara Vidal naceu antes de vir ao mundo a causa dun dobre amalló umbilical. Seica foi na cidade de A Coruña no 92, mais non se lembra. Aprendeu a ler con tres anos e escribe poemas desde os seis.
Graduouse en Filoloxía no ano 2014 e no 2015 acadou un mestrado en Estudos Artísticos, Literarios e da Cultura e unha especialidade simultánea en Literatura Comparada, Teoría Literaria e Retórica. Ademais, interesada noutras vertentes de coñecemento, estudou diversos cursos multidisciplinares, atinxindo conciencia en moitos outros campos que reafirmaron o seu carácter curioso e innatamente repugnantiño.
A autora sabe moi pouca cousa de moitos asuntos; é dicir, non sabe nada. Cuestiónase sempre os motivos de todo porque cre que o único xeito de vida susténtase na aprendizaxe incesante. Afirma que os libros son unha das vigas máis esenciais das casas. Sen literatura que sosteña, non fica nada. E precisamente nesa interartisticidade traballa para rescatar versos na realidade poética que xa existe. Segundo ela, os poetas sempre son nenos ou anciáns; o resto, afeccionan.
Ten colaborado en numerosas revistas (dixitais e en papel) e libros. Tamén gañou premios por poemas soltos ou micropoemas, convocados pola Universidade da Coruña, a biblioteca González Garcés ou a Casa Galicia de Gipuzkoa, entre outros. Algúns dos seus poemas poden consultarse en http://claravidalpoemas.wordpress.com e tamén está aberta a súa canle de YouTube con videopoemas.
[Novembro, 2018]