Cipriano Luís
Jiménez Casas

Naceu en Pontevedra no ano 1941.

Licenciado con grao en Medicina e Ciruxía en 1966 pola Universidade de Santiago de Compostela.

Especialista en Psiquiatría polas Universidades de Madrid, Lausanne e Geneve.

Médico-Psiquiatra dos Hospitais Psiquiátricos de Leganés (Madrid), Clinique Psichiatryque d'Yverdon (Cantón de Vaud-Suiza), Clínica Universitaria de Bel-Air en Xenebra (baixo a dirección do Profesor de Ajuriaguerra) e Centro Psico-Social Universitario de Xenebra.

Psicanalista didacta i ex-vocal da Xunta Directiva da Asociación Española de Psicoterapia Psicoanalítica (A.E.P.P.).

Actividade profesional:

Ex-Director do Centro de Educación Especial Menela (Centro de Educación Especial para alumnos/as con Trastorno do Espectro Autista).

Ex-Médico-Psiquiatra do Centro San Rafael, para persoas adolescentes e adultas con Atraso Mental (Hnos. De San Xoán de Deus). Vigo.

Médico-Psiquiatra do Centro Castro Navás (Centro de Día e Residencial para persoas adolescentes e adultas con TEA).

Director dos Proxectos de Formación para o Emprego de Persoas Autistas e Psicóticas Castro Navás-Horizón II, Autismo Galicia-Horizón III (período 1995 - 1999) e Interreg III A de Cooperación Transfronteiriza España-Norte de Portugal (Fondo Social Europeo): Cami, Cami II e Cami III (período 2003-2007).

Director Xeral e Secretario da Fundación Menela.

Especialista en Psiquiatría e Psicanalista didacta da A.E.P.P. (Asociación Española de Psicoterapia Psicoanalitica).

Outras actividades profesionais e representativas:

Membro fundador do Instituto Galego de Estudios Freudianos e da Biblioteca Galega de Estudios Freudianos "Oscar Masotta" de Vigo.

Presidente e fundador de A.G.A.T.A.P.I. (Asociación Galega de Terapeutas de Autismo e Psicoses Infantís).

Ex-vocal da Federación de Asociacións en favor dos Minusválidos Psíquicos de Galicia ( FADEMGA).

Membro fundador e ex-Vicepresidente da Federación de Asociacións Pro-Deficientes de Pontevedra (F.A.D.E.P.).

Membro fundador e vocal da Fundación Tutelar "Sálvora" para Minusválidos Psíquicos (Vigo).

Ex-Membro do Consello Asesor e actualmente Membro do Equipo Técnico da Confederación Autismo España.

Fundador, Ex-Presidente e Ex-Vicepresidente da Federación Autismo Galicia. Actualmente Presidente de Autismo Galicia.

Director de Maremagnum (revista galega para o estudio do Trastorno do Espectro Autista) editada por Autismo Galicia.

Membro e fundador de Nós, Productora Cinematográfica Galega S. L.

Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

Libros publicados:

- [1977] Control de natalidade. Métodos contraceptivos (Edicións do Rueiro. Coruña).

- [1983] A Atención Global ó Deficiente. Edita: F. Insua. Vigo. (en colaboración).

- [1987] As voces de mármore. Autismo e psicoses infantís en Galicia (Xerais Universitaria. Vigo).

- [1989] José Martí en Galicia. Xornadas Organizadas pola Asociación de Amizade Galego Cubana "Francisco Villamil". Edición a cargo de Cipriano Luís Jiménez Casas. Obradoiro Gráfico de A Nosa Terra. Vigo.

- [1993] Muller e cultura (Simposio Internacional). Editado polo Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. Campus Universitario. Santiago. (en colaboración).

- [1993] Recursos e prioridades no campo das minusvalías psíquicas na comarca da Estrada (Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Vigo).

- [2001] Tratamiento educativo de los trastornos de la lengua oral y escrita. Ediciones Gersam. Ourense. (en colaboración).

- [2003] Autismo y calidad de vida (Trastorno del espectro autista, necesidades y recursos). Edita: Confederación Autismo España. Madrid. (en colaboración).

- [2004] Guia de empleo con apoyo para personas con autismo. Edita: Confederación Autismo España. Madrid.

- [2004] Ocio sin barreras / Lazer sem barreiras ( Guia de Turismo Adaptado para Personas con Discapacidad ). Proyecto Cami 2003-2004. Editado por Fundación Menela. Impressao: Kadmos S.C.L.-Salamanca. ( Versión en Español e Portugués ).

- [2004] Cadernos de estudios chairegos. Edita Instituto de Estudios Chairegos, Ano II-Nº 2. Vilalba, novembro de 2004 (en colaboración).

- [2005] Lecer sen barreiras (2). Guía de Turismo Adaptado para Persoas con Discapacidade. Proxecto CAMI II 2004-2005. Imprime: Gráficas Vigo. Deposito Legal: VG-1261-2005. Editado por Fundación Menela. Vigo.

- Seixido e outras paranzas, con prólogo de Palmira Boullosa (en prensa).

Colaboración noutros libros:

- [1981] I Simposium de Terapeutas de Autismo (Edición a cargo de J. N. Fernández e J. Porta. Coruña).

- [1982] Prologou o libro O vínculo mai-filho e a saúde mental de John Bowlby (Galiza Editora. Ourense).

- [1984] Diálogos sobre clínica de la infancia de R. y R. Lefort (Ediciones Paradiso. Barcelona).

- [1986] IV Congreso Nacional de Terapeutas en Autismo y Psicosis Infantiles (Editado por la Delegación Municipal de Enseñanza. Valladolid).

- [1990] La Contención (XVIII Congreso de la Asociación Española de Neuropsiquiatría. Madrid).

- [1993] El autismo 50 años después de Kanner (Actas del VII Congreso Nacional de Autismo. Salamanca).

- [1994] IV Jornades Catalanes d'Autisme i Psicosis Infantils. Edita ACTTAPI. Barcelona.

- [1996] Congreso FEAPS-SIGLO XXI. Toledo. Edita Feaps y Fundación ONCE.

- [1998] La esperanza no es un sueño (Escuela Libre Editorial, Madrid).

- [2000] I Symposium Internacional de Empleo con Apoyo para Personas con Autismo. Nuevo Horizonte. Madrid.

- [2000] El empleo con apoyo para personas con autismo. D. Garcia-Villamisar (Ed.). Promolibro. Valencia.

- [2000] El autismo: reflexiones y experiencias. II Jornadas Técnicas del Instituto Foral de Asistencia Social de Bizbaia. Diputación Foral de Bizcaia. Bilbao.

- [2001] Tratamiento educativo de los trastornos de la lengua oral y escrita. F. Tellado, M. Garcia-Señorán y M. Deaño ( Editores). Ediciones GERSAM. Ourense.

- [2004] Lazer sem barreiras para pessoas com deficiência. Guía de Turismo Adaptado para Pessoas com Deficiência. Kadmos S.C.L.-Salamanca. Deposito Legal: C. 2.295-2004. Projecto Cami 2004 (Versión en Español: Ocio sin barreras para personas con discapacidad. Guía de Turismo Adaptado para Personas con Discapacidad). Edita Fundación Menela. Vigo.

- [2006] Plan Estratéxico de Emprego (2006-2008). Edición: Federación Autismo Galicia. Maquetación: Grupo Ókino S.L. Impresión: Ventoprint S.L. Santiago de Compostela.

- [2006] Guia Empregamos. Servizo Integral de Emprego. Federación Autismo Galicia. Impresión: Ventoprint S.L. Maquetación: Grupo Okino S.L. Santiago de Compostela.

Traballos científicos:

Publicou diversos traballos científicos en neurofisioloxía e electroencefalografía no Departamento de Neurofisioloxía e Electroencefalografía sobre a enfermidade de Párkinson na Clínica Universitaria de Bel-Air en Xenebra (Suíza). 1970-71 e 1972.

En colaboración con outros autores e a través dun convenio entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Federación Autismo Galicia publicouse un Estudio Epidemiolóxico entre a poboación de minusválidos psíquicos de Galicia en 1999.

Colaboracións:

Artigos relacionados coa psicoloxía, psicanálise, ensinanza, sexualidade, saúde mental, minusvalias, etc.

Revistas galegas:

Teima, A Nosa Terra, O Ensino, Man Común, Scripta, Agalia, A Peneira, Bisbarra, Maremagnum...

Revistas galegas especializadas :

Cadernos de Psicoloxía (Publicada polo Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia); Maremagnum (revista galega para o estudio do Trastorno do Espectro Autista ); Educación, Desarrollo y Diversidad (Universidade de Vigo. Campus de Ourense ).

Revistas do Estado Español:

ACTTAPI (Associacio Catalana de Tecnics i Terapeutes de L'Autisme i les Psicosis Infantiles. Barcelona); Ama (revista informativa de la agrupación Mutua Aseguradora de los Profesionales Sanitarios), CITAP (Revista de Estudios y Experiencias en Psicomotricidad. Madrid); Maremagnum (Publicación Galega sobre o Trastorno do Espectro Autista). Revista del Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

Revistas europeas:

Bulletin D'information Scientifique en Orthopedagogie de l'Université de Mons-Hainaut (Bélxica); Arapi (Association pour la recherche sur l'autisme et la prevention des inadaptations publie par CNEFEI (Editions du Centre National de Suresnes) Paris. Francia; Autisme-Espoir (revista grega sobre autismo).

Colaboracións en prensa:

Faro de Vigo (artigos de opinión e colaborador habitual no suplemento Faro da Cultura); La Voz de Galicia; Atlántico Diario; La Región; El Progreso; Diario de Pontevedra; El Correo Gallego; e no desaparecido Xornal Diario de Pontevedra.

Presentou diversas ponencias en Congresos Científicos tanto nacionais como internacionais (Portugal, Francia, Italia, Bélxica, Irlanda, Italia, Grecia, Arxentina, Canada,...) e impartiu cursos e seminarios ademais de conferencias sobre a problemática das persoas minusválidas (especialmente o Autismo e Psicoses), os Centros de Educación Especial, (análise de recursos e prioridades), introducción á teoría psicoanalítica, sexualidade, etc.

O autor é membro de Asociacións Profesionais e Científicas entre outras: Asociación Española de Neuropsiquiatría, Sociedade Suíza de Psiquiatría, Amicale Ajuriaguerra de Xenebra, Académico Numerario da Academia Médico-Quirúrxica Provincial de Vigo, Asociación Española de Psicoterapia Psicoanalítica, Asociación Galega de Psiquiatría, Asociación Galega de Saúde Mental, AETAPI, AGATAPI, entre outras.

Fundador, Ex-Presidente e vocal da Fundación Ecumene. Fundador Ex-Vicepresidente e actualmente Presidente da Federación Autismo Galicia. Vocal da Fundación Bibliófilos Galegos (Pontevedra); Colaborador do Museo do Pobo Galego (Santiago), Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Director Xeral e Secretario da Fundación Menela (Vigo). Membro fundador de Nos S.L. Productora Cinematográfica Galega.

Co nº 1044 e membro da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio y Televisión.