César
Ramos

César Ramos Domínguez (A Baña, 1981)

Mestre e autor galego. Especialista en Educación Física, desenvolve a súa actividade profesional no ámbito educativo, onde impulsa proxectos de innovación pedagóxica vinculados á creación de espazos escolares saudables. Desde 2023 é director do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba.

Comprometido coa vida social e cultural do Val de Barcala, participou na creación de diversas entidades do movemento asociativo, entre elas a Asociación Xuvenil Xuventude de San Vicente, a Asociación Lumieira e a Peña Obradoirista Eskornabois. Mantén tamén unha vinculación activa co ámbito deportivo, formando parte da directiva do equipo de Veteranos da A Baña e estando ligado historicamente ao club SD A Baña.

É coautor, xunto a Francisco Villaverde, do libro Crónica dos Campamentos do Val de Barcala. Na actualidade atópase en proceso de creación dun libro infantil.

[Febreiro, 2026]