Son licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio.
Resido en Ourense, onde exerzo como profesora de lingua galega e literatura en ensino secundario. Fun profesora de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Facultade de Ciencias de Educación de Ourense.
PREMIOS:
-[2019] Premio de Teatro Infantil O Facho, pola obra Unha estrela para Amina.
-[2016] Premio de Teatro Infantil O Facho, pola obra O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna.
-[2011] IX Premio de Literatura Infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez", pola novela Rugando.
-[2007] 1º Premio no XL Concurso "Breogán" de Contos convocado polo Centro Galego de Baracaldo, polo relato Un tango na noite.
-[2004] 1º Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria. Deputación de Ourense, pola obra narrativa Adeliña.
-[2004] II Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil) pola obra Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta.
[Maio, 2019]