Celestino Pérez Recarey, nado en Lérez (Pontevedra) en 1943, é un mestre e escritor galego.
Estudou Maxisterio en Pontevedra, e máis adiante fixo as especialidades de Matemáticas e Lingua Galega. Foi mestre na Picota, Panxón, os Xesuítas, Porto Cabeiro, Nétoma (Razo) e director do Centro de Formación e Recursos da Coruña. Moi ligado á comarca de Bergantiños, xa xubilado foi Presidente do Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia.
Ten editado textos de didáctica e ensino da lingua galega e dous libros de relatos. Colaborou na autoría de textos en galego na editorial Rodeira. Publicou artigos en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso e na Revista Galega de Educación.
Obras
- Andainas (2022). Noia: Toxosoutos.
- Nomes propios (2023). Noia: Toxosoutos.
Libros colectivos
- Proxecto educativo de centro: a normalización lingüística no PEC (1993); con Rosario García Deibe e Alberte Gozález Armesto. Vigo: Xerais.
- Lecer e lingua oral: unha proposta creativa para a Educación Secundaria Obrigatoria (1996). Tambre. Oleiros.
- A lingua galega: historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional 16-20 de setembro de 1996, Santiago de Compostela, pp. 489-501. Tambre.
- O galego actual: normas ortográficas-gramaticais da lingua galega (1996), con Consuelo María Romero Lado. Oleiros (A Coruña). Noroeste.
- Para dicir e facer (1996). Santiago de Compostela. Xunta de Galicia.
- A escola e os recursos das comunidades locais (2004). Torres Novas (Portugal).
[Maio de 2025]