Pontevedra, 1979. É escritor, publicista e ilustrador. En 2008 fundou xunto a Enrique Mauricio o colectivo de actividades creativas Polo Correo do Vento a partir da colección homónima de Xerais que consta de sete volumes dirixidos ao público infantil. Dende entón a través de Polo Correo do Vento ten levado a cabo numerosos traballos de ilustración, publicidade, creación audiovisual e diversas publicacións infantís. Actualmente dedícase tamén á realización de actividades de animación á lectura, obradoiros de ilustración e á creación de historias.
[Maio, 2018]