Branca
Trigo Cabaleiro

Branca Trigo Cabaleiro (1997) é unha escritora viguesa. Codirixe a editorial Malafera, onde publicou o seu libro Coñecemento do Medo en 2021, e organiza xunto con outres autores o micro aberto Cerimonia de gaivotas. O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Participou en diversas publicacións colectivas como o volume A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023) e a antoloxía LGBTQIA Alguén nos lembrará (Xerais, 2023); e gañou certames de poesía coma o do Concello de Ames e o da Universidade de Vigo.

[Xuño de 2023]