Brais
González Pérez

Brais González Pérez naceu en Salceda de Caselas (Pontevedra) no ano 1988. Comezou ben novo na escrita e ten publicado un poemario intitulado Sangue sobre silencio no ano 2004. Colleitou algúns premios e é membro de agrupacións como as Redes Escarlata, a Asociación de Escritores en Lingua Galega ou a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

Na actualidade estuda Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.