Bernardo
Máiz Vázquez

Licenciado en Xeografía e Historia (Santiago, 1973). Doutor en Historia Contemporánea (Zaragoza, 1984). Catedrático de Xeografía e Historia no lES Concepción Arenal, Ferrol (1976-2010).

Guión e locución do vídeo Xan de Xenaro, memoria de 32 anos. Concello de Fene, 1985. Premio Galicia de vídeo-1986. Reedición en DVD, 2006.

Guión, locución e presentación da serie Galicia, século XX. TVE-Galicia, 1986-1988.

Dirección científica do ciclo Non des ao esquecemento. Ano da memoria. 1936-2006. Concello de Fene, Marzo-Abril, 2006.

Asesor histórico das películas: A cidade da selva (dir. Helena Villares, Nemedón Producións, 2006), A mariñeira de Quilmas (dir. Antón Dobao, Ficción Producións, 2007). As silenciadas (Dir. Pablo Ces, MsMisto Producións, 2012)

Comisariados: Exposición Travesías: Galicia terra de navegantes. Vigo, Pontevedra, Ferrol. Consellería de Cultura-Editorial Galaxia. Novembro-2005, Xaneiro-2006, Exposición As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo, Premio da Fundación Fraguas-Museo do Pobo Galego, Santiago, 2008.

Codirección científica do Congreso A guerrilla Antifranquista Galega. CRMHC, Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Ministerio de la Presidencia, 2009.

Premio Manuel Murguía ao labor e Mérito Historiográficos. Asociación Galega de Historiadores, 2010.

[Xullo, 2017]