Beatriz
Dourado

Nada en Barcelona. Filla e neta de emigrantes galegos. Na actualidade vive en Lugo, onde tamén exerce de mestra.

No eido literario acadou algúns premios como: Contos de Verán El Progreso, Certame de Microrrelatos de Vilalba, Certame de Poesía María Mariño ou o Certame de Poesía Avelino Díaz. En outubro de 2022 recibiu o Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Obra individual:
- intraGUERRAS, publicada en 2022 por Editora Urutau.

Obra colectiva:
- Os Ancares en Outono, publicado en 2022 pola Asociación Veciñal Irmandade Naviega.
- Historias no Camiño, publicada en 2021 pola editorial Elvira.
- Antoloxía 21 voces poéticas. 8 de marzo. Versos na Loita Común, publicada en 2020 nunha edición dixital en Culturalia GZ.
- Microrrelatos premiados no Iº e IIº Certame do Concello de Vilalba, publicada en 2020 por Alvarellos Editora.
- Certame de micro-poesía Vilariñas, publicada en 2019 por Nova Poesía Guitirica/Os Vilares Lareira de soños.
- Isidro Novo (1951-2018), publicada en 2019 polo Concello de Lugo.
- Os Viadutos. XVII Certame Literario de Relatos Curtos, publicada en 2017 por Editorial Galaxia.

[Novembro, 2022]