Baldomero Fernández Ramos, nado en Celanova o 1 de xaneiro de 1971, é un poeta e artista plástico galego.
Cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana.
Traballa desde 2011 no IES de Sar en Santiago de Compostela como catedrático de Lingua castelá e literatura.
Comezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica, expoñendo por primeira vez no ano 1994 en Santiago de Compostela. Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións, Centro Ramón Piñeiro, Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou Kalandraka.
A súa poesía é pouco xenerosa verbalmente, pero non así en canto ao rango de emocións profundas que expresa. Pertence á líña emerxente de autores mozos que, a través do seu intenso labor, renovaron a poesía galega, sendo considerado pola crítica unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.
Ten colaborado con numerosos artistas e escritores en proxectos que propician a experimentación e a mestizaxe de códigos artísticos, como co escultor Caxigueiro, cos poetas Xosé María Álvarez Cáccamo e Eva Veiga, co gravador Carlos González Villar ou cos fotógrafos Carlos Lorenzo e Nachok.
A súa obra poética aparece en antoloxías como Enfocarte (ed. Teresa Seara, 2002), Poetas en blanco y negro (ed. Amalia Iglesias Senra, Abada Editores, Madrid, 2006), Antología 30 (ed. Inmaculada Murcia Serrano e Antonio Molina Flores, Pre-Textos, Valencia, 2009), Veinte puntos de fuga (ed. Teresa Seara, El perro y la rana, Caracas, 2011), Antoloxía de referencia (ed. Carlos Arias-Mariña Pérez Rei, Editorial Bubela, Santiago de Compostela, 2012), Novas de poesía. 17 poetas (ed. Ana Gorría, Fundación Uxío Novoneyra, Lugo, 2013) ou Migrant Shores (ed. Manuela Palacios, Salmon Poetry, County Clare-Ireland, 2017).
É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único, nos que ten empregado todo tipo de formatos, materiais e técnicas.
Obra literaria en galego
Poesía
Raizames (2001, Follas Novas Edicións).
A árbore da cegueira (2002, Espiral Maior).
Escura e transparente (2005, 3C3).
Branco sobre negro (2006, Galería Sargadelos de Ferrol).
O ourego e o compás (2006, Casa da Gramática/Fundación Curros Enríquez).
Monólogo do calígrafo (2008, Colección Bourel).
Palabras para un baleiro (2009, Espiral Maior).
Palimpsesto (2009, Sotelo Blanco).
A ferida de comprender (2011, Follas Novas Edicións). Contén Branco sobre negro e Monólogo do calígrafo, xunto a Espazo contido e Cando as palabras viñan de moi lonxe.
Os ollos das palabras (2012, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela). Con Caxigueiro.
Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (2013, Centro Cultural Marcos Valcárcel, Deputación de Ourense, Ourense). Con Carlos González Villar (libro de artista e catálogo da exposición do mesmo nome).
Cartografía do exilio (2014, Deputación da Coruña).
CaRa inversa (2014, Follas Novas), con Xosé María Álvarez Cáccamo.
1+1=3, 2016, Positivas. Poesía. Con Franck Meyer.
librosconversos (2016, Gallaecia Libros-Museo do Pobo Galego, Noia/ Santiago de Compostela). Con Xosé María Álvarez Cáccamo.
Cartas dende o esquenzo (2018, Galaxia)
Palabras sen ninguén. Palabras sin nadie (2019). Tigres de Papel. Edición bilingüe, tradución do autor.
Porque te quero (2020). Galaxia.
Quérote canto (2020). Galaxia. Con Eva Veiga.
No interior do abandono (2020, figurandorecuerdoedicións, A Coruña).Con fotografías de Carlos Lorenzo.
Criptografías (2022). Lugo: Alvarellos. Con Pepe Cáccamo.
As aldeas da memoria (2023). Deputación Provincial de Lugo. Fotografías de Nachock.
Cando non sei volver (2023). Con Viso. Vigo: Galaxia.
Convalecencia (2024). Colección Bourel.
Libros de artista (selección)
As follas da memoria (2001).
Signos de cinza (2003).
Cega mudez (2004).
Palabras de papel (2004).
Deshabitada espera (2005).
Homenaxe a Lorca (2005).
Homenaxe a Valente (2008).
Monólogo do calígrafo (edición de 100 exemplares únicos numerados), Colección Bourel, Ribeira (2008).
Luz primeira (2008).
Na fronteira do dicir (2008).
Aldara (2009).
Sorga (2010).
Muere el pájaro en el aire (en coautoría con Mónica Doldán, ed. de 12 exemplares feitos a man), Taller Moratón, Ponferrada, 2010.
Candeloria (2011).
El Pájaro Pi. Homenaxe a Eugenio Granell (2012), exemplar único.
Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (libro de artista de 25 exemplares), con Carlos González Villar, edición dos autores, 2013.
Cartografías de papel (2014), exemplar único.
dentro (2016), exemplar único.
Homenaxe a Luís Seoane (2017), exemplar único.
memoria estéril (2017), exemplar único.
As raiceiras do frío (libro de artista de 20 exemplares), con Carlos González Villar), edición dos autores, 2016.
Memoria caligráfica (2019), exemplar único.
Porque te quero (libro de artista de 100 exemplares numerados), con Aldara e Mateo Fernández Blanco, edición dos autores, febreiro 2020.
Monólogo do calígrafo (libro de artista de exemplar único, con estoxo de Juan Antonio Fernández Argenta), UnikaBooks, Madrid, 2021.
El sueño del murciélago (libro de artista de exemplar único, con estoxo de Juan Antonio Fernández Argenta), UnikaBooks, Madrid, 2021.
Los ojos de las palabras (libro de artista cunha tiraxe de 7 exemplares únicos numerados, con estoxo de Juan Antonio Fernández Argenta), UnikaBooks, Madrid, 2021.
El sueño del murciélago (libro de artista cunha tiraxe de 10 exemplares únicos numerados, con estoxo de Juan Antonio Fernández Argenta), UnikaBooks, Madrid, 2021.
onde nos esperan as palabras (2023), exemplar único.
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (2023), exemplar único.
Convalecencia (edición de 100 exemplares únicos numerados), Colección Bourel, Ribeira, 2024.
Obras colectivas
V Certame Francisco Añón de Poesía (2001, Concello de Outes, A Coruña).
Juegos Florales de Tobarra (Premios 1991-2000) (2001, Diputación de Albacete, Albacete).
Nunca Máis, SEMPREMAR. Cultura contra a burla negra (Libro/disco) (2003, Asociación Cultural Benito Soto/Burla Negra, Santiago de Compostela).
Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
''Territorio da aceptación'', na antoloxía caligrafada á man 37 poemas por man propia (2006, Colección Bourel, Ribeira).
''Morre o paxaro no aire'', en Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte (2006, PEN Clube/Edicións Xerais de Galicia).
Volverlles a palabra: homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
A Ramallosa. Caligrafías de luz (2011, Asociación Arraianos).
Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
Os ollos das palabras (2012, Xunta de Galicia). Con Caxigueiro.
Donde la luz engendra la mirada/ On la llum engendra la mirada, Otras realidades. (2012, Borpisa, Barcelona)
Morre o paxaro no aire / Muere el pájaro en el aire, Poemas del aire (2012, coord. Antonio Hernández e Julio Ancochea, Editorial Respira / Fundación Española del Pulmón / SEPAR, Barcelona).
Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012, Librería Conde, Celanova).
Novas de poesía. 17 poetas (2013), Fundación Uxío Novoneyra.
Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores.
Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía (Ediciones Liliputienses, 2017).
En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano (Editora Regional de Extremadura, 2018).
As follas da memoria, Certame de Poesía Rosalía de Castro (1997-2018) (2019, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela)
O escultor das palabras, Horas de Compostela. Homenaxe da Real Academia Galega a Salvador García-Bodaño (2019, Real Academia Galega, A Coruña).
A árbore da cegueira, Palabras de luz (libro-CD), (2019, Concello da Coruña-Deputación da Coruña, (Premio Martín Códax da Música 2020).
Cruce de caminos, Colectânea de poesía da loucura (2020, Heteronimus Editora, Lisboa).
Soño e vértice: onde o corpo se fai palabra, Fraxilidade consistente. Palabras para Eva Veiga (2020, Medulia Editorial, A Coruña, coords. Luciano Rodríguez e Teresa Seara).
Intimidación, Colectivo Maiakovski (integrado por Xerardo Quintiá, Daniel Salgado, Lara Dopazo, Tamara Andrés, Carlos Negro, Elvira Ribeiro, Cristina Ferreiro, Lois Pérez, Mariña Pérez Rei e Baldo Ramos) (2021, Edicións Xerais de Galicia, Vigo).
''Epílogo'' (poemas en edición bilingüe castelán-portugués, tradución de María de los Ángeles Ludeña Martín), Acanto. Revista de Poesía, nº 3, 2021, Leiria, Portugal.
''As aldeas da memoria'', MARXE. Festival Internacional de Videopoesía / International Video Poetry Festival (2021, Urutau, Vigo).
Un terror de auga fría. Escolma da poesía galega do medo, Xosé María Álvarez Cáccamo (2021, Contos Estraños Editora, A Coruña).
Constelación de voces. 25 anos do Premio de Poesía Concello de Carral (2022, Espiral Maior, A Coruña, coords. Carlos Lorenzo e Teresa Seara)
Onde desovan os ríos de brétema que percorren a noite (2023, Tempo de ausencia. Homenaxe a Salvador García-Bodaño, Ateneo de Santiago, Santiago de Compostela).
Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Traballos como ilustrador (selección)
Nº 16 da Revista Ólisbos, os amantes da palabra, Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, xaneiro 1995.
Nº 27 da revista Dorna. Expresión Poética Galega, Universidade de Santiago de Compostela, maio 2001.
Libro de haikus A núa lentitude de Ricardo Martínez Conde, Libros da Frouma, Follas Novas, Santiago de Compostela, xuño 2001.
Cuberta do libro Mongólia, Igor Lugrís, Artefacto Editorial, xullo 2001.
Cuberta do libro A terra baldía, T. S. Eliot, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2002.
Nº 14 da revista Casa da Gramática. Revista de Creación Literaria e Cultura, Noia, A Coruña, 2002.
Cuberta do libro Os cadernos d'amor e os velenos, Emma Pedreira, Espiral Maior, A Coruña, 2002.
Cuberta do libro Ese estraño silencio, Modesto Fraga, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2002.
Cuberta do libro Calados esconxuros, Antón Tovar, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2002.
Cuberta do libro O vento segrel, Augusto Mª Casas, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 2003.
Cuberta do libro De Rosalía a Avilés de Taramancos. Escolma do día das Letras Galegas (1963-2003), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2003.
Cuberta do libro Poesía Galega Completa, Evaristo Correa Calderón, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2003.
Cuberta do libro Lenzo das madrugadas, Medos Romero, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2003.
Cuberta da antoloxía poética Pluriversos: seis poetas irlandesas de hoxe, ed. de Manuela Palacios e Arturo Casas, Libros da Frouma, Ireland Literature Exchange/Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2003.
Cuberta do libro Ideas sobre a lingua galega na obra de Manuel Murguía, José Ángel García López, Cadernos Ramón Piñeiro (IV), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.
Boletín Galego de Literatura, nº 29, 1º semestre 2003, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.
Cartel para o IV Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, Concello de Noia, xuño 2004.
Cuberta do nº 1 da revista ARRAIANOS, Celanova, agosto 2004.
Cuberta do libro Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero, Cadernos Ramón Piñeiro (V), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.
Cuberta do libro Sulco e vento, Álvaro de las Casas, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.
Cuberta do libro Antón e Ramón Villar Ponte: unha irmandade alén do sangue, Emilio Xosé Ínsua López, Cadernos Ramón Piñeiro (VII), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2005.
Cuberta e ilustracións interiores do libro Cando veña a noite, David Pérez Iglesias, Toxosoutos, Noia, maio 2005.
Cuberta do libro Son de poesía, Edições Fluviais/Libraría Couceiro, Santiago de Compostela, outubro 2005.
Cuberta do libro Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra, Manuel Forcadela, Cadernos Ramón Piñeiro (VIII), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2006.
Cuberta do libro Antoloxía do relato alemán (1945-1960), Rosa Marta Gómez Pato e Dolors Sabaté, Colección Fonseca, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2006.
Cuberta e ilustracións interiores do libro Dicir unha razón (Varia silva de proverbios, ditados e glosas), Arcadio López-Casanova, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2006.
Cuberta e ilustracións interiores do libro A esmeralda branca, Manuel Vilanova, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2006.
Cartel das I Xornadas sobre Represión, Solidariedade e Resistencia Antifranquista na Raia Seca, Claustro do Poleiro, Mosteiro de Celanova, 27-30 de agosto 2006.
Cuberta do libro A seitura dos tristes, Medos Romero, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, decembro 2006.
Cuberta do libro Celestino Fernández de la Vega. Pensador do noso galeguismo, Ramón López Vázquez, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2007.
Cuberta do libro E direivos eu do mister das cobras, Manuel Vilanova, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, 2007.
Ilustración do libro Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética (finalista dos Premios da Edición na modalidade de mellor libro ilustrado do ano, organizados pola Asociación Galega de Editores), Faktoría K de Libros, Vigo, marzo 2008.
Ilustración do libro Poetas con Rosalía III, Fundación Rosalía de Castro, Padrón, xullo 2008.
Ilustración do libro Na pel do insomnio, Úrsula Heinze de Lorenzo, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, outubro 2008.
Cuberta do libro Abicedo/Cabrinfollas, Victoriano Taibo, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, outubro 2008.
Cartel das Xornadas sobre Represión, Solidariedade e Resistencia Antifranquista na Raia Seca, Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova, decembro 2008.
Ilustración do libro A frauta i-o garamelo, Antón Avilés de Taramancos, Concello de Noia, febreiro 2009.
Cuberta-contracuberta do libro 1969-2009. 40 anos de agradecemento, Libraría Couceiro, Santiago de Compostela, marzo 2009.
As voces da Musa (libro de artista), Colección Bourel / Barbantia, Ribeira, maio 2009.
Cuberta do libro Cartas de Ramón Piñeiro a José Luis Pensado, Cadernos Ramón Piñeiro (XII), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2009.
Cuberta do libro Cartas de Ramón Piñeiro a X. Filgueira Valverde et alii., Cadernos Ramón Piñeiro (XI), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2009.
Cartel da Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu 30 cabodano, Asociación Arraianos/Concello de Celanova, Celanova, agosto 2009.
Cartel de Homenaxe ás vítimas do franquismo, O Furriolo, A Bola, agosto 2009.
Cuberta do libro La voz a ti debida de Pedro Salinas. Guía de lectura, Follas Novas, Colección Fonseca. Filología, Santiago de Compostela, novembro 2009.
Cuberta e ilustracións interiores do libro Incivil, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Toxosoutos, Letra inversa, Noia, decembro 2009.
Cuberta do libro Criptografías, Ramón Caride Ogando, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, decembro 2009.
Ilustración do libro Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados (obra colectiva), Kalandraka, Vigo, marzo 2010. (Libro galardoado co 3º Premio Nacional de Edición 2010 na categoría de Libro de Arte, concedido polo Ministerio de Cultura).
Cuberta do libro Molto amoroso, Úrsula Heinze de Lorenzo, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, setembro 2011.
Cuberta do libro Prólogos, epílogos y otros escritos dispersos, Álvaro Cunqueiro, Colección Fonseca. Filología, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, outubro 2011.
Cuberta do libro Suite Dublín e outros poemas, Francisco X. Fernández Naval, Libros da Frouma, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, novembro 2011.
Ilustración do monográfico Celso Emilio fai 100 anos (reedición con novas ilustracións), Asociación ARRAIANOS, nºIX, Santiago de Compostela, xaneiro 2012.
Cuberta do libro "Los días” en La Noche (Santiago de Compostela, 1959-1962), Álvaro Cunqueiro, Colección Fonseca. Filología, Follas Novas Edicións, Santiago de Compostela, novembro 2012.
Cartel e printers do documental 100% CEF (Premio Mestre Mateo ao Mellor documental do 2012), Aser Álvarez, TVG, decembro 2012.
Logotipo do IES Celso Emilio Ferreiro Celanova, abril 2013.
Ilustracións para a antoloxía de poesía galega Viaje a tinta por mares interiores, Luces y Sombras, Tafalla- Navarra, decembro 2013.
Ilustración do libro Trona, o merlo, Luís Valle, Ediciones Barbantesa, Moaña, 2015.
Ilustración do libro Salgueiro Maia. A liberdade não é uma Utopia, Ediciones Liliputienses, Cáceres, 2017.
Ilustración do libro Sentimentalismo. Antoloxía transcendental II, Xesús Manuel Valcárcel (coord.), Bubela Editorial, Santiago de Compostela, 2017.
Cuberta e ilustracións interiores do libro Partituras, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Mercedes Queixas Zas, Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 2019.
Deseño do logo da libraría Cartabón, Vigo, decembro 2019.
Cuberta e ilustracións interiores da reedición do libro Val de Ramirás, Anxo Angueira, Concello de Ramirás-Deputación de Ourense, 2020.
Ilustración para o vídeo Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, Centro de Estudos Galegos / Universidade do Algarve, febreiro 2021.
Cuberta do libro Obra inacabada de Dosinda Christensen, Xerardo Quintiá, Alvarellos Editora, Santiago de Compostela, febreiro 2021.
Cartel homenaxe aos 7 milicianos represaliados no cemiterio de San Breixo en Celanova o 22 se setembro de 1939, maio 2022.
2 Colaxes para reprodución en soporte cinematográfico e fotográfico na gravación da película de Daniel Calparsoro Hasta el cielo, Vaca Films, maio 2022.
Ilustracións para o libro Xosé Velo. Textos escollidos, Deputación de Pontevedra, 2022.
Ilustración para o libro Creador@s na reserva, Gálix / Deputación da Coruña, 2022.
Cuberta de ÍNSULA, Revista de letras y ciencias humanas, “Letras gallegas para el siglo XXI”, nº 912, Madrid, decembro 2022.
Cuberta do libro Como rematar cos libros dunha vez por todas, Mario Paz González, Instituto de Estudos Chairegos, Vilalba, 2023.
''Cartografía do silencio'' (carta náutica, caligrafía e arame) para reprodución en soporte cinematográfico e fotográfico na gravación da serie RAPA de Jorge Coira, Portocabo TV, outono 2023.
Cuberta e ilustracións interiores de O veleiro e a lúa, Ricardo Martínez-Conde, Zadar eds., Madrid, 2023.
Ilustracións interiores de Onde ferve a memoria, Xavier Rodríguez Baixeras, Galaxia, Vigo, 2023.
Premios
Premio de poesía Concello de Carral no 2001, por A árbore da cegueira.
Finalista dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao mellor libro de poesía publicado en galego en 2005, por Escura e transparente.
Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2009, por Palabras para un baleiro.
Accésit do Premio Miguel González Garcés no 2014, por Cartografía do exilio.
36 Premio Antón Lousada Diéguez 2021, por Quérote canto.
Finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego en 2023, por Criptografías.
Obra literaria en castelán
Poesía
Los ojos de las palabras (2002, Fundación María del Villar Berruezo, Tafalla-Navarra).
El sueño del murciélago (2003, Pre-textos, Valencia).
Diario de una despedida (2005, Amarú Ediciones, Salamanca).
Libros de artista (selección, todos eles exemplares únicos)
Muere el pájaro en el aire (2004).
Palabras sin nadie (2004).
Libros para habitar (2006).
Newark (2008).
Muere el pájaro en el aire (2010).
Descensos (2012).
Tratado de caligrafía (2013).
Silencios de tinta (2014).
Los mapas de la memoria (2017).
Memoria caligráfica (2019).
Un día la casa será bosque (2021).
Premios
Premio María del Villar Berruezo no 2002, por Los ojos de las palabras.
Premio Arcipreste de Hita no 2003, por El sueño del murciélago.
Accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara, por Diario de una despedida.
Obra pictórica
Exposicións individuais
Casa das Crechas, Santiago de Compostela, 1994.
Librería María Balteira, Caderno de artista, Santiago de Compostela, 1998.
Auditorio Municipal de Caldas de Reis, Pontevedra, marzo-abril 2000.
Sala Rúa Nova, Santiago de Compostela, maio 2000.
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia- Fundación CUMULUM, Os ollos das palabras, Lugo, xullo-agosto 2000.
Sala Studio 34, Ourense, xaneiro 2001.
Modus Vivendi, Santiago de Compostela, xaneiro 2001.
Sala Bohemio, Ourense, febreiro 2001.
Galería Augatinta, Libros de artista e obra en papel, Lugo, outubro 2002.
Casa del Libro, Vigo, decembro 2002.
Galería Citania, Santiago de Compostela, xaneiro-febreiro 2003.
Sala Café Isaac, Ourense, maio 2003.
Galería Borrón 4. Libros de artista, Cambados, xuño-xullo 2004.
Galería Sargadelos, Branco sobre negro/libros de artista (libro-catálogo), Ferrol, xaneiro 2007.
Galería Borrón 4. Espazo Contido (libros de artista), Cambados, xuño-xullo 2006.
Galería AC Arte Contemporáneo, Libros de artista de gran formato, Madrid, outubro-decembro 2006.
Fundación Curros Enríquez, Libros de artista, Celanova, abril 2007.
Galería Augatinta, Olladas de papel (libros de artista), Lugo, maio-xuño 2010.
Galería Borrón 4, Olladas de papel (libros de artista), Cambados, xuño-xullo 2010.
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Os ollos das palabras (libros de artista), Santiago de Compostela, xaneiro 2011.
Candeloria (orixinais cartafol do mesmo nome), Galería Citania, outubro 2011.
Libros para habitar, Sala Francisco Creo, Liceo de Noia, Noia, decembro 2011-febreiro 2012.
Os ollos das palabras (co escultor Daniel Caxigueiro), Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela, marzo-xuño 2012.
Branco, negro, vermello, Galería Clérigos, Lugo, xuño-xullo 2012.
Obra gráfica, Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, Biblioteca do Poleiro, Celanova, xuño 2012.
Os ollos das palabras (co escultor Daniel Caxigueiro), CENIMA, Foz, maio-xuño 2013.
Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (con Carlos González Villar), Centro Cultural Marcos Valcárcel/ Deputación de Ourense, Ourense, marzo-abril 2014.
As palabras habitadas, Galería Terra de Sombra, Santiago de Compostela, decembro 2014-abril 2015.
Obra en papel e libros de artista, Galería Soho de Vigo, decembro 2014-xaneiro 2015.
Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (con Carlos González Villar), Galería Clérigos, Lugo, xaneiro-febreiro 2015.
Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (con Carlos González Villar), Museo do Gravado de Artes, Ribeira, marzo-maio 2015.
Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (con Carlos González Villar), Fundación Curros Enríquez/ Casa dos Poetas, Celanova, marzo-xuño 2015.
Visual conVersa (con Pepe Cáccamo), Casa del Libro, Vigo, abril 2015.
Os ollos das palabras (con Caxigueiro), Hotel Virxe da Cerca, Santiago de Compostela, decembro 2015-xaneiro 2016.
A árbore da cegueira, Casa de Cultura, Vilalba, xaneiro 2016.
Visual conVersa (con Pepe Cáccamo), Galería Sargadelos, Ferrol, febreiro-marzo 2016.
Caligrafías e libros, Sala La Madriguera, Lugo, 2016.
librosconversos (con Pepe Cáccamo), Museo do Pobo Galego, abril 2016.
Cartografías de papel, Galería Circular. Espazo de Arte, Allariz, xuño-xullo 2016.
Os silencios do calígrafo, Galería Isköo, Lugo, setembro-outubro 2017.
A dobre páxina (con Pepe Cáccamo), Afundación. Obra Social ABANCA, Vigo, abril 2018.
A dobre páxina (con Pepe Cáccamo), Afundación. Obra Social ABANCA, Ourense, setembro-outubro 2018.
Páxinas centrais (con Pepe Cáccamo), Librería Huargo Artis. Bertamiráns, novembro-decembro 2018.
Tinta, papel, memoria, Isadora Centro de Arte, A Coruña, xuño-agosto 2019.
No interior do abandono (con Carlos Lorenzo), Pazo de Santo Tomé, Lourenzá, novembro-decembro 2021.
No interior do abandono (con Carlos Lorenzo), Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, marzo-abril 2022.
No interior do abandono (con Carlos Lorenzo), Centro Cultural Marcos Valcárcel, Deputación de Ourense, xuño 2023.
Criptografías (con Pepe Cáccamo), Galería Metro, Santiago de Compostela, xaneiro-febreiro 2024.
Exposicións colectivas (selección)
III Premio de Pintura Comarca do Sar para Novos Valores, Padrón, maio-xuño 2000.
II Premio Aycom de pintura e escultura, Concello de Vigo, outubro 2000.
XIV Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude 2000 (catálogo), Casa da Cultura do Concello de Carballo, A Coruña, novembro-decembro 2000.
I Premio Auditorio de Galicia, 2001, Santiago de Compostela.
XVIII Certame de Pintura Concello de Cambre, 2001.
Bienal Itinerante Eixo Atlántico, 2002-2003, Vigo/Porto.
Colectiva de Verán, Galería BeloBelo, Braga, 2002.
Colectiva de Verán, Galería Espacio 48, Santiago de Compostela, 2002
VI Bienal de Lalín Laxeiro, 2003.
DeArte Contemporáneo / Feria de Galerías Españolas, do 2005 ao 2011, Madrid.
Universidade de Talca, 2005, Chile.
VII Bienal Internacional de Pintura Araguaney 2005 (catálogo), Xunta de Galicia/Fundación Araguaney, Santiago de Compostela, decembro 2005.
Galería Unión Latina, 2006, Montevideo.
Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores, 2006, Casa de la Moneda / Calcografía Nacional, Madrid.
Arte correo, Fira Màgica de Santa Susanna, Barcelona, 2006
Puro Arte/Espacio Atlántico (2006, 2010, 2011).
Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores (catálogo), Centro Cultural Caja España, Zamora, novembro-decembro 2006.
Feria DeArte/Arte Contemporáneo/Sexta edición (catálogo), Palacio de Congresos y Exposiciones, Madrid, xaneiro 2007.
ArtMadrid. Salón de Arte Moderno y Contemporáneo (catálogo), Pabellón de Cristal, Casa de Campo, Madrid, febreiro 2007.
Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores (catálogo), Sala Cultural y de Exposiciones Caja España, Valladolid, xaneiro-febreiro 2007.
Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores (catálogo), Escuela de Arte, Oviedo, maio 2007.
Galería Aleph, Ciudad Real, 2007.
Galería Rodrigo Juarranz, Aranda de Duero, Burgos, 2008.
O libro de artista como colector de ideas, Verbum, Vigo, xuño-agosto, 2010.
Exposición colectiva (con Xulio García Rivas e Aurichu Pereira), Galería Citania, Santiago de Compostela, setembro-outubro 2011.
“Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro”, Campaña de animación á lectura, Concello de Santiago- Editorial Kalandraka, Galería Sargadelos, Santiago de Compostela, abril-maio 2012.
Exposición colectiva Momentos, con Valentín Jaramillo, Elías Cueto e Javier de la Rosa, Galería Bus Station Space, Santiago de Compostela, decembro 2012-xaneiro 2013.
Colectiva de Navidad-Fondo de galería, Galería Art Next, Vigo, decembro 2012-xaneiro 2013.
Silencios de tinta, con Camilo Seira, David Plana, María Sánchez, José Muñoz, Edu Albo e Juan Ares, Bus Station Space, Santiago de Compostela, abril-agosto 2013.
Semana Homenaje a Pablo Picasso, exposición e poxa de pombas pintadas por diferentes artistas (entre outros, Felipe Criado, Julio Sanjurjo, Tatiana Medal, Rosa Úbeda, Spela Trobec, Alfonso Abelenda), Rúas do Distrito Picasso d’ A Coruña, setembro-outubro 2013.
Cuatro siglos de pintura gallega, con Díaz Pardo, Eugenio Granell, Laxeiro, Jorge Castillo, Leopoldo Nóvoa, Ramón Conde e Francisco Pazos, entre outros, Galería Art Next, Vigo, decembro 2013- xaneiro 2014.
Once cores, con Nacho C. Beiro, Xoán Pardiñas, Xulio Maside, Mariano Casas, entre outros), Galería Terra de Sombra, marzo-abril 2014.
Biblioteca de olladas, con Pepe Cáccamo, Caxigueiro e Carlos González Villar, Galería Bus Station Space, Santiago de Compostela, maio-xuño 2014.
Do papel ao xesto. Libros de artista e outras diverxencias (con Anne Heyvaert, Berta Cáccamo, Din Matamoro, Pamen Pereira, Caxigueiro, Suso Basterretxea, Yano Yoro, Carlos González Villar, Pepe Cáccamo...), Culturgal 2014. Feira das Industrias Culturais (comisarios: Paula Cabaleiro e Antón Sobral), Pazo da Cultura de Pontevedra, 5-7 de decembro 2014.
GastronomíARTE (catálogo, con Alfonso Costa, Manuel Álvarez Torneiro, Manuel Ayaso, Isabel Pintado, Antón Sobral, Soledad Penalta, entre outros), Sociedade Liceo, Noia, decembro 2014-febreiro 2015.
Colectiva de Navidad, Galería Clérigos, Lugo, decembro 2014-xaneiro 2015.
Arte e Solidariedade, 25 aniversario do Proxecto Home, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, marzo-abril 2015.
Exposición colectiva, Galería Art RRM, Ibiza, xuño-setembro 2015.
El arte del dibujo, con Salvador Cidrás, José Lourenço e Tamara Feijoo, Galería Marisa Marimón, Ourense, febreiro-abril 2016.
Souvenir. Art to remember, Galería Metro, Santiago de Compostela, agosto-setembro 2016.
Colectiva de Navidad (con Sucasas, Arturo Souto, Carlos Maside, Castelao, Díaz Pardo, Eugenio Granell, Francisco Farreras, Laxeiro, Luis Seoane, Manuel Colmeiro, Miquel Barceló, Quintana Martelo, Urbano Lugrís, entre outros), Galería Montenegro, decembro 2016-xaneiro 2017.
Autorretrato, Alejandro Caporale (coord.), con Ánxel Huete, Manolo Figueiras, María Rosa Caporale, Pablo Otero, Rosendo Cid, Xavier Cuíñas, Xosé Poldras, Miguel Robledo e outros, Centro Cultural Marcos Valcárcel, Deputación de Ourense, Ourense, maio-agosto 2018.
Tantas imaxes, con Sebas Anxo, Pepe Cáccamo, Mar Caldas, Bartolomé Ferrando, Alfons Freire, Ana Fresco, Din Matamoro, Rosa Neutro, Julia Otxoa y Cristian Villamide, entre outros, Salas Cubo / Apo’strophe, Vigo, xuño-xullo 2021.
Arts Libris. Feria Internacional del Libro de Artista, ARCOmadrid 2021, stand Unika Books, IFEMA, Madrid, 7-11 xullo 2021.
Borrón 4. Homenaxe a Luis Silvoso (con Manolo Paz, Francisco Pazos, Xaquín Chaves, Rosa Úbeda, Isabel Pintado, Fernando Arenaz, Xurxo Alonso, Xosé Manuel Castro, Francisco Escalera, Adonis Escudero, Marcos Juncal, Uxío López, Xavier Magalhaes, Rafael Romero Masiá, Lucas Míguez, Vicente Prego, Lino Silva e Antón Sobral, entre outros), Pazo Torrado 4, Cambados, setembro-novembro 2021.
Feriarte. Feria de antigüedades y galerías de arte, stand Unika Books, IFEMA, Madrid, 13-21 novembro 2021.
Exposición colectiva inaugural (con Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo, Francisco Pazos, Marcos Juncal, Xurxo Oro Claro, Francisco Leiro, Julio Sanjurjo y Diego López, entre outros, Galería AF, Vigo, decembro 2021-xaneiro 2021.
Arte e eduación Ciencia e Historia, Quique Guerra / Diálogos (catálogo), 7ª edición Semana das Artes Plásticas da Mariña (con Xoán Guerreiro, Lomarto, Caxigueiro, Carmen Hermo, Edu Albo, María Xesús Díaz e David Catá, entre outros, Cenima, Foz, maio-xuño 2022.
Arte e solidariedade (con Din Matamoro, Álex Vázquez, Paula Mariño, Antón Sobral, Carmen Hermo e Pepe Cáccamo, entre outros), Proxecto Home Vigo/Sede de Afundación, Vigo, do 14 de xuño ao 1 de xullo de 2023.
[Abril de 2024]