Anxo Angueira naceu en Manselle, aldea de San Xián de Laíño, no Concello de Dodro, en 1961.
É profesor no I.E.S. do Meixoeiro (Vigo).
As súas publicacións no ámbito da creación literaria son:
- [1989] Val de Ramirás, accésit do VIII Premio Esquío de Poesía, (Ferrol).
- [1996] O valo de Manselle, editado na colección Ferros de Edicións Xerais (Vigo).
- [1997] Bágoas de facer illas, Premio Dublín de Narrativa, Edicións Xerais (Vigo).
- [1997] Libro da Vertixe, do Premio de Poesía "Xosé Mª Díaz Castro" (Lugo).
- [1999] Pensa nao, gañador do Premio Xerais de Novela (Vigo).
No ámbito da investigación, ademais de artigos e ponencias en congresos, publicou o seguinte:
- [1992] Guía de Lectura de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín, Edicións do Cumio, Vilaboa.
- [1995] De Rosalía a Dieste. 33 Anos das Letras, Edicións Xerais, Vigo.
- [1999] Edición crítica de Poesía enteira de Heriberto Bens, Edicións Xerais, Vigo.
- [1999] Introducción e antoloxía de La poésie galicienne de 1936 à 1990, Sources, Namur (Bélxica).
Participou na fundación e na elaboración do manifesto das REDES ESCARLATA e publica reseñas e artigos en O XORNAL, publicación da C.U.T. (Central Unitaria de Traballadores), e en A TRABE DE OURO.
[Xuño, 2002]