Antonio
García Teijeiro

Antonio García Teijeiro naceu en Vigo no ano 1952. Exerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO e hoxe está xubilado.

Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas dos xornais e revistas máis prestixiosos de Galicia así como en diversos proxectos literarios con carácter reivindicativo.

Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, másters e conferencias, e ten participado en xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións.

Durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para a mocidade, é autor de libros de texto e foi membro do xurado en importantes Premios literarios para rapaces/as.

Varios dos seus libros foron incluídos nas Listas de Honra da CCEI e da revista CLIJ.

Gañou o Premio Merlín en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na Lista de Honra do IBBY (1998) e foi finalista do premio Nacional (1997). En 1998, un xurado internacional concedeulle o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua, considerado un dos máis prestixiosos galardóns literarios de Europa.

No VI Simposio de Literatura Infantil e Lectura da FGSR o seu libro Versos de agua (en galego Cacarabín, Cacarabón) foi elixido entre Los 100 del Siglo XX.

O seu libro de relatos Trala liña do horizonte foi elixido como libro asociado do “Fórum Barcelona 2004”.

Gañou no ano 2006 o I Premio Illas Sisargas de Poesía erótica co seu libro Arredor do teu corpo.

En 2007 gañou o Premio de poesía infantil “Luna de aire” convocado polo CEPLI / Universidade de Castela-A Mancha, co libro Estelas de versos, escrito en colaboración co escritor Rafael Cruz-Contarini.

O seu libro Un rato díxolle á lúa recibiu o premio Fervenzas Literarias en 2014.

O libro compartido con Antonio Reigosa, Lendo lendas, digo versos recibiu o premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego no ano 2016 e foi incluído na Lista de Honra do IBBY no ano 2018.

Co libro “Poemar o mar” (Ed. Xerais, 2016) gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura en 2017. A edición en castelán deste poemario, “Poemar el mar” (Anaya, 2018) foi elixida entre os mellores libros publicados en 2018 pola Rede de Bibliotecas da Comunidade de Madrid e gañou o Premio “Fundación Cuatrogatos” (Miami, EE UU), 2019 dos libros publicados en lingua española en Iberoamérica entre arredor de 1500 libros editados en España e diversos países de América.

Así mesmo, os seus poemas figuran en múltiples antoloxías (e libros conxuntos) tanto en galego coma en castelán ou catalán en España e Latinoamérica. Algúns deles foron musicados por distintos grupos de Galicia e por músicos da categoría de Antón Seoane, Mamá Cabra ou Paco Ibáñez, e son motivo de rigorosos estudos críticos.

Como tradutor ao galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil.

Dirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.

Durante un tempo foi columnista do semanario A Nosa Terra, onde escribía sobre lectura, literatura infantil, ademais de artigos de diversa índole.

En 2018 o Concello de Vigo galardoouno co título de Vigués Distinguido, como recoñecemento á súa traxectoria literaria.

Dirixe o blog-revista "Versos e aloumiños" (garciateijeiro.blogspot.com)


BIBLIOGRAFÍA

NARRATIVA:

- A chave dos soños (1988). Ed. Galaxia (Árbore)

- Noa (versións en euskera, catalán, aranés, castelán). (1989). Ed. Galaxia (A chalupa)

- A teima de Xan (1991). Ed. Sotelo Blanco

- Antón e a paxariña de papel (1991). Xunta de Galicia

- O cabalo de cartón (1992). Ed Luis Vives (Ala Delta)

- O monicreque de Alicia (1992). Xunta de Galicia

- Fantasía en Re Maior (1994). Ed Luis Vives (Ala Delta ) / (Catavento, nova edición)

- Sempre quenta o sol (1994). Ed. Alfaguara (Obradoiro)

- Ó outro lado da esquina (1996). Ed. Bruño (Altamar)

- Ladrándolle á Lúa (1997). Ed. Sotelo Blanco

- O carrusel (1997). No libro E dixo o corvo (H. Xeral Galicia/Xunta de Galicia)

- En voz baixa (1998). Ed. Xerais (Fóra de xogo)

- Cara a un lugar sen nome (1998). Ed. Sotelo Blanco

- Verbas de sal (2001). No libro Un saquiño de contos. Ed. Xerais (Merlín)

- Os peixes de cores (2002). Ed. Xerais (Merlín)

- Trala liña do horizonte (2002). Edelvives. Tambre (Catavento)

- As lentes de John Lennon (2004). No libro Postais do camiño (Ed. Galaxia)

- Honorato, o rato namorado (2004). No libro Contos de cabuxas, ratos, libros e casas (Xunta de Galicia)

- A teima de Xan (nova edición revisada) (2005). Ed. Galaxia (Árbore)

- Honorato, o rato namorado (2007). Ed. Xerais (Merlín)

- Cos ollos na lúa (2010). Ed. Everest Galicia (col. Ler é vivir)

- Verbas de sal (2011). Ed. Xerais. Col. Merlín

- A nena do parque (2014). Ed. Embora

- Detrás del horizonte (2015) Ed. Belagua

- Raiolas de sol (2016) E. Galaxia. Col. Costa Oeste

POESÍA (INFANTIL E XUVENIL):

- Coplas (1988). Ed. Galaxia (Tartaruga)

- Nenos (1988). Ed. Galaxia (Tartaruga)

- Aloumiños (1988). Ed. Galaxia (Tartaruga)

- As catro estacións (1991). Ed. Galaxia (Árbore)

- Versos de agua (1989). Ed. Luis Vives (Ala Delta)

- Cacarabín, cacarabón ( en castelán Versos de agua) (1991). Ed. Luis Vives (Ala Delta)

- Ventos (1992). Ed. Xerais (Merlín)

- Poemas do Sol e da Lúa (1992). Xunta de Galicia.( No libro Trazos, trozos e retrincos)

- Volando por las palabras (1992). Ed. Luis Vives (Ala Delta)

- Lueiro de papel (1995). Ed. Xerais (Merlín)

- Na fogueira dos versos (1996). Ed. Xerais (Merlín)

- Al hilo de la palabra (1998). UCETAG, Ed. Hiperión (Ajonjolí)

- Unha chea de aloumiños (1998). Ed. Galaxia (Árbore)

- A fala das pombas que falan (1999). Xunta de Galicia (col. A maxia das palabras)

- As verbas que fan o camiño (1999). No libro Imos xuntos camiñar. Xunta de Galicia

- Caderno de fume (1999). Ed. Anaya (Sopa de Libros)

- Palabras envoltas en cancións (2000). Ed. Galaxia (Sete Mares)

- Aire sonoro (2001). Ed. Ir Indo (Contacontos). Próxima edición en Ed. Xerais de Galicia.

- ¡Ai, canto falan as pombas que falan! (2002). Ed. Ir Indo (Contacontos)

- Paseniño, paseniño (2003) Ed. Everest/Galicia. (Col. Rañaceos)

- Bicos, bicos... e máis bicos (2003). No libro “Para cantar e contar”. Xunta de Galicia

- Bicos na voz / Besos en la voz (2004). Col. Caracol. Diputación de Málaga

- Varios poemas no libro conxunto Los poemas de Pillo (2004). Ed. S.M.

- Chove nos versos. Ed. Xerais (2004)

- Cuentos y poemas para un mes cualquiera (2005). En colaboración con Jordi Sierra i

Fabra. Ed. Planeta & Oxford. (Camaleón)

- Participación no libro conxunto Don Quijote cabalga entre versos (2005). Ed. Everest (Rascacielos)

- Trobalinguas (catro poetas en catro linguas) (2005). Edita Amigos del Libro de Madrid

- Cando caen as follas. Ed. Everest (2006). Col. Punto de encontro

- Versos con alas. Lynx Edicións (2006). Col. Alas de papel

- Todo es soñar. Brosquil Ediciones (2006). Col. Tus versos

- Petando nas portas de Dylan (2007). Ed. Galaxia. Col. Árbore

- Á sombra do lueiro de papel (2007). Ed. Everest-Galicia.

- El río va recitando (2008) Ed. Gente Nueva (Cuba)

- Estelas de versos (2008) en colaboración con Rafael Cruz-Contarini, CEPLI-UCLM. Col. Luna de Aire.

- Bolboretas no papel (2008) Ed. Tambre-Edelvives. Col. Ala Delta

- Viene el río recitando (2008) Ed. Algar. Col. Calcetín

- Besos, y no balas (incluido en Atlántico. 30 historias de dos mundos) (2008). Ed. Norma (Colombia)

- As palabras están a mirarse arredor da mesa (2009) Ed. Everest-Galicia. Col. Punto de Encontro

- Trobapaz (cinco poetas en cinco lenguas). (2009). Universidad de Jaén.
- Cuentos y poemas para un mes cualquiera (edición en galego e castelán). (2010). Ed. Oxford. Col. El árbol de la lectura.

- Recendos de aire sonoro (2011) Ed. Xerais de Galicia. Col. Sopa de libros.

- Queda la música (2013). Ed. Amigos de papel

- Un rato díxolle á lúa. Antoloxía poética (2013). Premio Fervenzas literarias. Ed. Xerais. Col. Milmandas

- En la cuna del mar (2015). Ed. Creotz. Col. Hilo de cometa

- Lendo lendas, digo versos (2015) en colaboración con Antonio Reigosa. Ed. Xerais. Col. Milmandas.

- Palabras do mar (2015). Ed. Embora. Col Fardel dos soños

- Poemar o mar (2016) E. Xerais. Col. Merlín (versión en castelán en 2018, como Poemar el mar, en Anaya)

- Escritos en el viento (2017) (con Jordi Sierra i Fabra). Ed. Verbum

- Caderno de fume (Nova edición, 2018). Ed. Embora

- Paseniño, paseniño (Nova edición, 2018). Ed. Xerais de Galicia.

- Participou no libro colectivo Como tú (Pola igualdade) (2018) Ed. Anaya

- As coisas que faz o mar (2018) Antoloxía en portugués. Selección e tradución de João Manuel Ribeiro. Ed. Trinta por Uma Linha.

- Versos e viceversos / Versos y viceversos (2019) en colaboración con Juan Carlos Martín Ramos. Ed. Kalandraka.

- Vento, ventiño, venteiro (2019) Edicións Xerais. Col. Sopa de libros.

- Bicos e non balas (2019). Ed. Galaxia. Libros para compartir.

PROSA POÉTICA:

- O que ven os ollos dos nenos (2000) Ed. Xerais

POESÍA (ADULTOS):

- Parolando coa vixencia (1987)

- Retorno ós lamentos (1988). Ed. Xerais

- Nos mares diversos (1999). UCETAG

- Na agonía dos outonos en silencio (2002). Ediciós do Castro

- Polo camiño do incerto (2004). Edicións do Castro

- Parolando coa vixencia (2006) Edición non venal. Aumentada e revisada polo autor

- Arredor do teu corpo (2007). Asociación Caldeirón / Concello de Malpica

- Presenzas marcadas (2007). Editorial Follas Novas.

- Poesía cromática (2017). Ed. Belagua. (Con pinturas de Xulio García Rivas).

- Pasando as follas do tempo. (Antoloxía 1987-2017). (2019) Ed. Belagua.

ESTUDOS E ANTOLOXÍAS:

- Celso E. Ferreiro para nenos (1988). Ediciones de la Torre (Alba y mayo)

- Celso E. Ferreiro. Estudio e Antoloxía (1989). Ed. Xerais

- Os nosos versos (1998). Ed. Anaya (Sopa de libros)

- Con Javier Ruiz gravou o disco Surcos de luna y mar (2016) no que recita trece dos seus poemas acompañados pola música deste autor nunha obra onde as liñas poéticas e musicais teñen vida propia e, ademais, se complementan perfectamente.

DIDÁCTICA:

- O libro na escola. As bibliotecas escolares e de aula (1989). Consellería Cultura (Andel)

- Disfrutar escribindo. A narración e a poesía nas aulas (1990). Ed. Galaxia (Ágora)

- A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula (2009) Ed. Galaxia. (Biblioteca de intervención social/Didáctica).

[Outubro de 2019]