Antón
Baamonde

Antón Baamonde. Nacido en Vilalba, en 1959. É autor dunha obra no que o literario e o filosófico se funden. Ás veces resulta lírico, ás veces humorístico, outras mira pola fiestra o que pasa, e sempre intenta non repetirse a si mesmo.

LIBROS PUBLICADOS:

En favor da esperanza. Sada: Ed. do Castro, 1987.

O marxismo e as linguaxes. Vigo: Galaxia,1989.

Sobre o tempo e outros desatinos. Vigo: Galaxia, 1990.

A rosa sen porqué. Vigo: Galaxia, 1997.

El laberinto y sus salidas. Madrid: Tecnos, 1998.

La reinvención de España: una radiografía de la España de hoy. Barcelona: Ronsel, 2001.

La rosa sin por qué. Valencia: Pre-textos, 2001.

Aire para respirar. Vigo: Ediciós Xerais, 2002.

A Derrota de Galicia. Ed. Xerais. 2012

LIBROS COLECTIVOS:

“Tres panfletos (im) pertinentes”, en Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista, de Xaquín F. Leiceaga, Antón Baamonde, Bieito Iglesias e Rafael Martinez Castro. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1990.

“Visiones sólo parcialmente místicas”, en Las palabras de la tribu: escritura y habla. Madrid: Ed. Cátedra / Ministerio de Cultura, 1993.

“Tino Martinez: a signatura das cousas”, no catálogo Ex-votos, do fotógrafo Tino Martínez. A Coruña: Centro Galego das Artes da Imaxe,1994.

“Pensamiento débil / pensamiento trágico”, en Filosofía, política, religión: más allá del pensamiento débil, Gianni Vattimo et al. Oviedo: Ed. Nobel, 1996.

“La reinvención de España”. Fundación Alternativas. Madrid. 2006

“Notas sobre o así chamado feísmo” en “Feísmo: destruír un país”. Antón Baamonde e outros. Difusora de Ideas. Ourense. 2006

“Para saír do tempo e do espazo”. Texto para o catálogo da exposición “O Futuro da Actualidade”, realizada no CGAC do 14 de setembro ao 10 de decembro do 2006. Xunta de Galicia.CGAC. 2006

“Homes fráxiles”. Prólogo á “A Piragua” de Cándido Pazó. CDG.2008

Tamén participou nos libros de homenaxe a Ramón Piñeiro, Carlos Casares e Marcos Valcárcel:

Homenaxe a Ramón Piñeiro. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2001.

Carlos Casares, as imaxes, os amigos. Vigo: Ed. A Nosa Terra, 2005. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade. Ourense, Difusora de letras, 2009.

ALGUNHAS OPINIÓNS SOBRE ANTÓN BAAMONDE E A SÚA OBRA:

Carlos Gurméndez: “Admiro a súa obra literaria e filosófica”.

Francisco Fernández del Riego: “Ao meu entender, o ensaísmo en Galicia hoxe está representado polo teólogo Andrés Torres Queiruga e por Antón Baamonde”.

Ramón Piñeiro: “Unha cabeza ben amoblada”; “Poucas cousas me poderían alegrar máis que a descuberta dunha nova mente autenticamente filosófica na nosa cultura”.

Manuel Rivas: “Antón é dos que toman o café nas trincheiras e non as trincheiras no café”.

Sobre El laberinto y sus salidas:

Lluis Álvarez, filósofo: “Me atrevería a decir que nadie entre nosotros -excepto Jesús Aguirre y José Francisco Yvars- ha extraído tanto de la filosofía judeo-marxista de Walter Benjamin”.

Sobre La rosa sin por qué:

Xavier Rubert de Ventós: “Yo no puedo leer a Antón Baamonde. Sus palabras se instalan y me contaminan sin remedio. No puedo adherirme a lo que dice sin sentir que estoy siendo demasiado condescendiente conmigo mismo”.

Manuel Rivas: “La obra de Antón Baamonde está escrita desde el lado oscuro del bosque”.

Darío Villanueva: “É un libro cheo de epifanías”.

Domingo García-Sabell: “Ten o encanto sincopado do Jazz”.

Sobre o libro de entrevistas La reinvención de España:

Pasqual Maragall: “Me ha fascinado”.

Sobre Aire para respirar:

Fermín Bouza: “é a obra dalguén que ten a percepción sensíbel e apaixonada de quen loitou e loita por mellorar unha realidade tan pouco amable como a de Galicia”.

Bieito Iglesias: “Contén unha execratio de Galicia, presenta un país erguido -coma o Dublín de Joyce- sobre os peares da saudade e do rancor”.

Damián Villalaín: “A obra dun heterodoxo”.

Para Xosé Manuel Eiré crítico literario de A Nosa Terra: “Antón Baamonde é unha rara avis dentro da cultura galega”.

Sobre A Derrota de Galicia:

Para Armando Requeixo en Criticalia

Hai pensadores de referencia aos que sempre paga a pena ler. Unha desas escasas voces que nos redimen de tanta idiocia é a do filósofo Antón Baamonde, lúcido esculcador da realidade circundante, dos convulsos espasmos da sociedade de noso que, sobre todo nos últimos tempos, ameaza con devorar os seus fillos cal Cronos irado

Para José Precedo en El País Edición Galicia

Mucho antes de que se abriera la veda, Antón Baamonde (Vilalba, 1959), profesor de filosofía y ensayista, ya llamaba a Julio Fernández Gayoso y José Luis Méndez por su nombre y adjetivos. Esa visión crítica de la sociedad gallega con su política, su incipiente burguesía y sus medios de comunicación impregnan todos sus textos publicados en este diario y en conferencias y jornadas que ahora recoge el ensayo A derrota de Galicia editado por Xerais. En 320 páginas radiografía el proceso de modernización de Galicia durante las últimas tres décadas. Y a pesar del título, el autor no entrega la cuchara: la derrota de Galicia es, a tenor de sus líneas, aún provisional.

Por si no todo estuviera perdido, el texto de Baamonde ofrece recetas para cambiar el signo de su tierra, la primera de ellas, existir con un proyecto propio desde una identidad proactiva y abandonar por fin el rebufo de España, la Unión Europea y el reguero de ayudas comunitarias, para confiar en un destino original vinculado a la sociedad-red mundial que saque partido a su posición atlántica y a la cada vez más difusa frontera con Portugal.

Para Fermin Bouza en El País

En el libro de Antón hay algunas razones para el optimismo, pero no demasiadas. Las justas de quien quiere creer y mira, capítulo a capítulo, las bonanzas de un país, el nuestro, que parece vencido pero que quizá no lo esté todavía. La entrada es dura: “O proceso de disolución da identidade nacional de Galicia é fortísimo…O idioma…está exhausto…Galicia carece de visión acerca das súas opcións no mundo globalizado. Non hai ideas ou non se toman en consideración…”.

Antón, sin legajos ni mayores ataduras, empieza maldiciendo y acaba construyendo una antología de su desolación como gallego y de su esperanza como tal. La crítica nos va quitando humedades y nos abre al cambio. De esta derrota cantada por Antón va creciendo otra cosa mejor, pero hay que darse prisa. El tiempo se acaba para hacer reversibles algunas cosas básicas. Todos venimos de alguna derrota, y desde ahí nacimos y nacemos. También Galicia.

[Febreiro, 2021]