Andrea
Fernández Maneiro

Nada en Carril (Vilagarcía de Arousa) na madrugada do martes de entroido do 1964, e afoghacristos orgullosa, medrei cos loureiros de Cortegada e os libros.

De vocación e profesión locutora de radio (pasei pola “Cadena Ser”, pola Radio Galega e varias municipais), mais agora só exerzo moi de cando en vez e padezo do mono das ondas aínda hoxe, logo de máis de quince anos de deixalo.

O meu hábitat natural é a poesía en letra e imaxe (fotografía) aínda que, ás veces, déixome levar polos microrrelatos.

OBRA

  • “A lanterna de Vagalumes” (conto), na antoloxía Tempos dixitais.
  • “Delirium” (poema) na antoloxía Volume II: A rebelión de Prometeo de Contos estraños.
  • “Caducifolio e Perennis” (conto) na antoloxía E se a Terra Media fose Galicia (2018) do Curtas Asociación Cultural.
  • “Álxia” (poesía) na Antoloxía. Vide, paisaxe e fala. Florencio Delgado Gurriarán.
  • Proyecto Atlántico, Ediciones Venguerén, serie “Sesos y tripas”. (2019) Antoloxía de poetas do Atlántico. ISBN:9788409134137
  • Migratoria, Medulia Editorial (2020). ISBN 9788412154672
  • "O xiz" (poema), na antoloxía Manifesto 25 N (2021) Editorial Alvarellos. ISBN 978-84-18567-03-2
  • Edénicas, Editorial Caldeirón (2022). ISBN: 978-84-124849-4-6
  • Neste ano 2022, sairán do prelo os poemarios Contra-Tempos e Voto de silencio.

PREMIOS

  • Premio Galicia de Xornalismo, 1989, na especialidade de reportaxe radiofónico de sucesos.
  • Finalista co poemario "Álxia" no I Certame de poesía Florencio Delgado Gurriarán, 2018.
  • ​1º premio da “Maratón fotográfica do 8M” de Vilagarcía de Arousa, 2019
  • Finalista do premio de microrrelatos das Mulleres Progresistas de Vigo, 2019
  • Finalista co poemario “Migratoria” do VIII Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro, 2019
  • 2º premio do VI Concurso Fotográfico do Museo Liste (Vigo)
  • 2º premio de microrrelatos de Mulleres Progresistas de Vigo, 2020
  • 1º premio da Maratón fotográfica del 8M de Vilagarcía de Arousa, 2020
  • 2º premio Vilariñas, 2020
  • 1º premio, co poemario Inventario dun adeus. Expiatoria, da IX edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
  • 1º premio, co poemario Contra-tempos, do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba, 2021
  • 1º premio do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, co poemario Edénicas.
  • 1º premio o IV Premio de poesía Eduardo Pondal (2022), co poemario Voto de silencio

[Xullo, 2022]