Amauta
Castro

Eu son senón ninguén
que quer ser nube de tarde,
man e mar que signifiquen viaxe,
muro para conter as sombras.

Amauta Castro (1981), pseudónimo de Rafael Xoán Muñoz Castro, poeta en lingua galega que actualmente reside en Catalunya. Ten colaborado en diversas publicacións literarias coma Dorna, Revista Ligeia, Revista Elipse, Andar21, Ultragráfico, etc. Participou tamén en volumes colectivos coma Antoloxía poética da diáspora galega (2007), ou O Poliedro da soidade (2018). A súa obra Da pel sae o escuro (2018) foi gañadora do XXXI Certame de Poesía Rosalía de Castro (2017). Ten catro poemarios individuais publicados: Nos muros do mundo (Edizer, 2012); A Tarde. O Desacougo (Espiral Maior, 2019); obra que fora merecedora do XXXI Premio Nacional Pérez Parallé de poesía; Leixaprén (en edición bilingüe para Buenos Aires Poetry, 2020) e Constante hora de boca e precipicio (ed. Urutau, 2020).