Alicia Díaz Balado cursou estudios na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela, centro no que imparte docencia na actualidade.
Desde hai algúns anos vén participando nos espazos de creación literaria dirixidos por Alicia López Gallego en Santiago de Compostela, marco no que ten a oportunidade de intervir en numerosos recitais e actos culturais. Ten colaborado ocasionalmente no Programa de Radio Obradoiro 'O Sombreiro de Merlín'.
En 2007 resulta finalista no I Certame Literario de Poesía e Narrativa Xoán XXIII na modalidade de poesía. En 2009 publica a novela corta Inés de Castro. De cinza e cereixas, en edición de Toxosoutos.
Na primavera de 2011 é convidada polo Clube de Lectura do Concello de Burela a un coloquio sobre os seus textos.
Atopa as súas lecturas favoritas na literatura do século XIX e admira a prosa de Álvaro Cunqueiro e Sándor Márai.
[Xuño, 2012]